ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Preito para que fixesen o cerco Portonovo e outros lugares (1579)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..3.2.2.2.26/S/107

  • Título Preito para que fixesen o cerco Portonovo e outros lugares (1579)

  • Data(s) 1579 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1579 "Pleito que tuvo este Arrabal para que hiciesen los cercos Portonovo y otros lugares. Grigorio Gonçales". Contén extracto do "Expediente general" sobre as Ordeanzas de 1577 Testemuñado por Fernánde López de Taibo e Ponte, Receptor da Real Audiencia do Reino de Galicia. 248 folios. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-107

Área de notas

  • Nota E03 - Página incompleta: 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 508, 509 E09 - Otros : P. Múltiple: 46, 140, 234, 509 Erro na dixitalización: falta por dixitalizar páxinas entre as imaxes 3-4, 99-100 e 205-206 Erro na dixitalización: as imaxes 452-453 son repetidas

Puntos de acceso

Área de control da descrición