ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.417
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente da denuncia de Miguel Ángel Pérez Cuña contra Orange por obras de instalación de antena

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36043.AM.PONCAL.2.GF002.F0007.SF086.SF090.S0695.3.134/10

  • Título Expediente da denuncia de Miguel Ángel Pérez Cuña contra Orange por obras de instalación de antena

  • Data(s) 2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Ponte Caldelas(1836-2015) O concello de Ponte Caldelas sitúase no centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Soutomaior e Pontevedra. Ocupa unha superficie de algo máis de oitenta e seis quilómetros cadrados cun total de trinta e tres entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Anceu, Castro Barbudo, Caritel, Forzáns, A Insua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns, nas que residen algo máis de sete mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Santiago e de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Caldevergazo e Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, con señorío do propio Duque de Soutomaior. No período preconstitucional chegaron a funcionar os concellos de Caldelas, Tourón e A Insua. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio foi integrado no partido xudicial de Caldebergazo ou A Lama, que logo no ano 1845 cambiaría a súa denominación e capitalidade por Ponte Caldelas; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Caldelas. Esta denominación modificouse pola de Ponte Caldelas en 1845 coincidindo coa adxudicación da capitalidade do partido xudicial; inicialmente, aínda co mesmo territorio que hoxe, estaba formado por oito parroquias, ás que se engadiría no ano 1868 a de Caritel, segregada da de Santa Eulalia de Ponte Caldelas.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Ponte Caldelas

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente da denuncia de Miguel Ángel Pérez Cuña, Presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Pazos, contra Orange (France Telecom), por obras de instalación de antena de telefonía, no polígono 28, parcela 1.789, recinto 3, en Pazos.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición