Fondos
58/1/1. Anotacións varias de Ramón Dios Vidal sobre temas agrícolas (1916-1999)
Anotacións varias de Ramón Dios Vidal sobre temas agrícolas (1916-1999)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.58..3.1.1.1.58/1/1
Título Anotacións varias de Ramón Dios Vidal sobre temas agrícolas (1916-1999)
Data(s) 1916-1999 (Produción)
Volume e soporte 55 follas
Área de contexto
Nome do produtor Ramón Dios Vidal(1916-1999) Naceu o 19 de xaneiro de 1916 en Pontevedra, estivo casado con María dos Ángeles Casqueiro Martínez e licenciouse en ciencias químicas e físico-químicas pola Universidade Central en 1940. Conseguiu o doutoramento en ambas as disciplinas en 1949. Obtivo o posto de Catedrático numerario de física e química dos Institutos Nacionais de Ensino Medio en 1942, que desenvolveu nos Institutos de Avilés, Tánxer e Pontevedra como profesor de física, química, historia natural, matemáticas e inglés. Ademais tamén foi director dos institutos de Avilés e Pontevedra. Ao longo da súa vida recibiu numerosas bolsas de investigación: foi bolseiro polo Servicio de Recuperación de Automobilismo para estudar as aliaxes de antifricción; bolseiro e colaborador honorario do Instituto de Edafología (1948-1949); bolseiro e máis tarde profesor agregado polo Padroado Alonso de Herrera do CSIC para realizar estudos sobre solos galegos (1949); pensionado polo CSIC durante un ano en Inglaterra, nas Universidades de Aberdeen e Bristol (1950); profesor agregado á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (1951), onde ascendeu a xefe de subsección en 1954 e a xefe de sección (1955-1964); proposto polo Padroado Alonso de Herrera como membro da Societé International da Science du Sol (1951), e da American Chemical Society entre outras asociacións de prestixio internacional; bolseiro como relator na Universidade Menéndez Pelayo (1952); pensioado pola Fundación Juan March para realizar estudos de deficiencias minerais nas Universidades de Cornell e California (1957), tras o que posteriormente obtivo tres bolsas na Universidade de California para continuar as investigacións xa iniciadas neste campo (1957-1959); Ademais foi colaborador do instituto matemático Durán Loriga da Universidade de Santiago de Compostela e axudante de clases prácticas de química experimental para farmacia na mesma universidade (1940-1941) Foi políglota, dominando o inglés, francés, alemán, italiano e portugués. Non se teñen datos exactos da súa data de morte, que debeu ocorrer cara aos anos 90.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido [1916-1999] Anotacións varias de Ramón Dios Vidal sobre temas agrícolas: datos de análise de solos, problemas e apuntamentos. Sinatura: Ramón Dios, 1-1
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Ramón Dios Vidal (Tema) (Creador)