ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Boletín Oficial de Galicia

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG..1.2

  • Título Boletín Oficial de Galicia

  • Data(s) 1833 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación Provincial de Galicia(1813-1822) A Deputación Provincial de Galicia, tamén coñecida como Deputación Única de Galicia, tivo dous efémeros períodos de actividade entre os anos 1813 e 1814 e entre os anos 1820 e 1822. Así, desde a aparición das primeiras Deputacións provinciais, como consecuencia da aprobación da constitución gaditana, Galicia contará cunha de seu, ao ser considerada unha única provincia. No artigo 11 do texto constitucional establecíase que “se hará una nueva división del territorio español por una ley constitucional, luego que las circunstancias políticas de la nación lo permitan”. Así mesmo, no artigo 325 ordenábase que “en cada provincia habrá una diputación llamada provincial, para promover su prosperidad, presidida por un jefe superior”. Desta forma, en 1813 Galicia constituría a súa Deputación Única. Non obstante, o seu percorrido institucional sería efémero xa que mediante o Real Decreto de 4 de maio de 1814, Fernando VII derrogaría a Constitución de 1812. Posteriormente, en 1820 tivo lugar o Pronunciamento do Comandante Rafael del Riego Núñez Fórez Valdés, secundado polo Coronel Antonio Quiroga Hermida, na localidade sevillana de Cabezas de San Juan ao levantar ás tropas destinadas a embarcar para sofocar a sublevación das provincias americanas. Riego proclamou a Constitución das Cortes de Cádiz de 1812, o 1 de xaneiro de 1820, dando fin ao Sexenio Absolutista e retornando a senda liberal. O Pronunciamiento triunfou grazas ao levantamiento do Coronel Félix María Álvarez Acevedo, quen sublevou A Coruña o 3 de Febreiro e proclamou a Constitución encarcerando ás autoridades realistas, nombrouse Presidente interino da Xunta Suprema de Goberno do Reino de Galicia creada na Coruña o 21 de febreiro de 1820, por acordo da Audiencia Provincial desa cidade, depositaria da soberanía popular mentres non se formase un poder central. A Xunta Provisional Consultiva, creada en Madrid ese mesmo día, asumiu o poder central até a apertura das novas Cortes Constitucionais, mediante o Real Decreto de 20 de marzo de 1820; convocou Cortes Ordinarias para a lexislatura de 1820-1821 e o 26 de xunio de 1820 publicouó unha instrución pola que se ordenaba convocar as eleccións dos deputados a Cortes que inauguraron as súas sesións o 9 de xullo de 1820. Mentres tanto a Xunta Suprema de Goberno do Reino de Galicia, que entonces a compuñan as provincias de Santiago, A Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tuy, pasa a denominarse como Deputación Provincial de Galicia, a partir do 9 de xuño de 1820, sendo presidida por Pedro Agar y Bustillo e os sete individuos ou vogais que constituían a extinguida Xunta Suprema de Galicia segundo establecía o artigo 326 do texto constitucional. As Cortes das lexislaturas de 1820, 1821 e 1822, impóñense como principal obxectivo o de proceder á división territorial de España en provincias segundo estipulaba o artigo 11 da Constitución. En Galicia esta cuestión foi complexa dpero despois de varios proxectos remitidos ás Cortes pola Deputación Provincial de Galicia e debates parlamentarios, tanto Santiago como Pontevedra, non lograron obter a pretendida capitalidade, impoñéndose ao final o plan de división de Felipe Bouzas y Agustín de Larramendi que se deu a coñocer o 21 de marzo de 1821. O 27 de xaneiro de 1822, as Cortes extraordinarias ditan o Real Decreto de División Provisional do territorio español, dando cumprimento ao artículo 11 da Constitución, que no seu artigo 2º divide España en 52 provincias. Galicia ficaría dividida en catro Provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. No artigo 5º do Real Decreto establecíase a formación das novas deputacións provinciais e en consecuencia a Diputación Provincial de Galicia con sede na Coruña é extinguida para crearse, o 16 de marzo de 1822, a Diputación Provincial da Coruña, sendo o seu primeiro presidente Antonio Loriga como Presidente da extinguida Deputación Provincial de Galicia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Nesta serie documental encontramos os boletíns oficiais editados pola Deputación Única de Galicia durante a súa efémera existencia.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación Provincial de Galicia (Tema) (Creador)

Área de control da descrición