ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.514
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expedientes de publicacións. Guía da exposición titulada "Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira" do Museo Massó de Bueu

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0001.SF0015.S0180.5.126/10

  • Título Expedientes de publicacións. Guía da exposición titulada "Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira" do Museo Massó de Bueu

  • Data(s) 2020 (Creación)

  • Volume e soporte Un libro. 177 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Guía catálogo da exposición titulada "Crecer co mar. Os goxos e as sombras dunha vila mariñeira" Autores: varios. Dos textos, Covadonga López de Prado Nistal, directora do Museo Massó de Bueu Edita: Museo Massó. Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia Imprime: Gráficas Anduriña ISBN: 978-84-4535346-2 Depósito legal: C- 1060/2020 Chaves: versión en galego. Percorrido pola historia de Bueu vila. Dende os romanos ata hoxe. Fe de errata: na páxina 26 fálase do "arco da porta de acceso á ermida de San Lourenzo de Cela". En realidade, trátase das cinco dovelas do arco exterior da bóveda de canón do presbiterio da ermida do San Lourenzo de Cela, ano de 1689", e non da porta de acceso. Particularidades: 1.- Na páxina 109 refere ó Plano de la Villa de Bueu, de don Rafael Picó Cañete. Documento procedente do arquivo municipal de Bueu, estraído do cabalete de castaño que aínda se conserva nel. (Antigamente durante a súa vixencia, exposto no salón de sesións da Casa Consistorial de Bueu). Entregado polo alcalde Félix Juncal Novas, aproximadamente polo ano de 2015. Existía outro exemplar en cartón furo duns 3 metros por 1,50 metros aprox. enrolado no mesmo arquivo. Desapareceu, posiblemente tirado ó lixo en outubro de 2001 no desaloxo do ático da Consistorial para as salas velatorias da avenida de Cangas, 14 ó igual que todo o mobiliario de oficina de castaño (escritorios, vitrinas, incluso portas interiores) do século XIX, incluso a arca de tres chaves de secretaría sendo alcalde, Tomás Barreiro Sotelo. 2.- Páxina 123, álbum de Dna. Matide Bares Giráldez, libro de sinaturas entregado na homenaxe que se lle fixo á mestra en 1931. Devolto polos seus netos. Entregado ledamente ó Museo Massó ó igual que os orixinais dos bocetos de Urbano Lugrís González polo alcalde, Félix Juncal Novas. 3.- Páxina 59. Escudo de Bueu en forxa. Situado na metopa central en pedra baixo o balcón da fachada principal da Casa Consistorial. (Vid. foto portada do libro Inventario do Arquivo municipal de Bueu). Por falta de lubricación co vento renxía. Mandado sacar polo alcalde, Manuel Freire Lino nos anos noventa.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición