ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.788
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.523

Solicitudes de autorizacións de obra e usos provisionais

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF087.S0687.18843/1

  • Título Solicitudes de autorizacións de obra e usos provisionais

  • Data(s) 1980 - 1989 (Produción)

  • Volume e soporte 59 expedientes, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén diferentes solicitudes para uso provisional da vía publica ( megafonía, valado, venda ambulante, instalación rótulos, carteis publicitarios, manifestacións, publicidade entre outras )
    Solicitudes a nome de :
    Camilo Lama Prado ( Constructora Rodolfo Lama S.A )
    Benigno Iglesias Costas
    José Iglesias Costas
    Manuel Baltasar Casal
    Paulino Tilve Piñeiro
    Manuel Doporto Rey
    Antonio Paz Díaz
    José Conde Davila
    Luis Rodríguez Pereira
    Juan Campos Rodicio
    José Rivas González
    Manuel Cádiz Fontes
    Alejandro Tejedor Verge
    Jose Antonio Gómez Soliño
    Fernando Olmedo Limeses ( General Olmedo SA )
    Antonio Varela Villamor
    Antonio González Quinteiro ( González y Piñeiro S.L Construcións )
    José Manuel Pereira Fernández en nome do Partido Comunista de Galicia ( referendum OTAN )
    José Portela Leirós
    José Falcón Martínez
    Alexander Alexander ( en nome do grupo de funambulistas " Los Bordinis "
    Antonio Ogando Nogueira
    Manuel Caamaño Fandiño en representación do Bloque Nacionalista Galego
    Antolina Fernández González en nome do Movimiento Comunista de Galicia
    Antón Masa Vázquez en nome do colectivo " A Creba "
    José Rodríguez López ( Agropecuaria da Veiga S.A )
    Darío Rodríguez Fernández
    Concepción Martínez Martí
    Francisco Vélez Campos
    José Luis Sáez Bonilla ( Xefe Provincial de Correos e Telegrafos )
    Concepción González Crespo ( Asociación para a Defensa da Ría )
    Francisco Silva Conde
    Rudolf Stev en representación de Alder Stey Show ( Los pilotos del infierno )
    Cofradía de Pescadores " San Andrés " de Lourizán
    Rafael Iglesias García en representación da Central Intersindical Nacional de Traballadores Galegos
    Antón Masa Vásquez en representación do Movimento Comunista de Galicia
    Juan Francisco Ageitos
    José Luis Diéguez Rozados
    Basilio Villaverde Peón
    Fernando Fraga Scaloni ( Altavoces Fraga )
    José Carrillo de la Fuente
    Constantino Álvaro Pita González ( Construcciones La Barca, S.L )
    Manuel Torres Franco
    José Manuel Campañó Luna
    Federación Gallega de Hermandades de Donantes
    Circo do Estado de Checoslovaquia
    Miguel Ángel Rodríguez Fernández
    Antón Masa Vázquez en representación do Colectivo Ecoloxista, Antimilitarista, e Anti OTAN ( Kreva )
    Manuel Torres Franco
    Valentín Maquieira Veloso
    Juan Francisco Ageitos Otero
    Manuel Expósito Casas
    José Gangado Castro en representación do Real Automóvil Club de España
    Manuel Torres Franco
    Manuel González Arias ( Asociación Galega de Artesáns )
    Fernando Celso Ruibal Argibay en representación de Obradoiro Inmobiliaria
    Pepe Garalva ( Festival Miss Galicia )
    Axiña Marketing Publicidad
    Antonio Villamarín Otero ( Asociación de Veciños el Mirador de Monteporreiro
    Grafic Lux S.A

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición