Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
-
S0655. Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
18874/1. Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e estradas
Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e estradas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.18874/1
Título Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e estradas
Data(s) 1974 (Creación)
Volume e soporte 12 expedientes.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén a relación das seguintes obras: - Subvención de obras de acceso ao Grupo escolar de Mourente para mitigar o paro. 1974. - Subvención de obras de reparación do camiño da Santiña para mitigar o paro. 1974. - Subvención de obras de reparación de camiños e urbanizacións no rural para mitigar o paro. 1974. - Subvención de obras de reparación da rampa de Montecelo á Igrexa de Mourente para mitigar o paro. 1974. - Relación de obras necesarias apuntadas polo Concelleiro delegado de distrito de Lérez e subdivididas, a súa vez, en peticións dos alcaldes de barrio. 1974. - Pavimentado de calzada na Rúa Padre Amoedo. 1974. - Solicitude de aboamento de liquidación de obra e fianza a nome da empresa Benito Malvar, S.A. polas obras de reparación de pavimentado nas rúas de San Antoniño, José Millán, Víctor Mercadillo e Gonzalo Gallas. 1974. - Mellora do trazado e do pavimento do camiño de Figueirido a Carricouva. Unido a expediente de expropiacións, minuta do enxeñeiro, taxación da obra e proxecto. 1974. - Solicitude de reparación do camiño no Lugar de Covo, na estrada de Fontesampaio a nome do Alcalde de barrio Manuel Reguera Conde.1975. - Relación de solicitudes de obras de reparación de vías a nome dos alcaldes de barrio do distrito de Ponte Sampaio. 1975. - Solicitudes e ordes de devolución de fianza das obras realizadas ao abeiro dos Plans Provinciais de 1971 e 1972. 1974-75. - Relacións de obras incluídas no Plan Bienal de Cooperación Provincial de 1976-77. 1975. Contén as normas rexedoras do procedemento.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)