Fondos
18942/3. Expedientes de ocupación de terreos municipais (1976-1981)
Expedientes de ocupación de terreos municipais (1976-1981)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0005.SF051.S0402.18942/3
Título Expedientes de ocupación de terreos municipais (1976-1981)
Data(s) 1976-1981 (Creación)
Volume e soporte 22 expedientes
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes de comparecencia e inspección: - Construción de pendello en Casaldorrío, Tomeza, por de José García e Benigno Pazos. - Ocupación de terreo en Cara, Bora, por Gonzalo Bugallo Lois. - Ocupación de terreo en Cara, Bora, por Gloria Gómez Blanco. - Ocupación de terreo en Salcedo, por Manuel González Canda. Contén a comparecencia de catro veciños. - Ocupación de terreo en Pumariño por José Luis Piay. - Ocupación de terreo no monte Lameliña, Bora. - Ocupación do camiño de Pía da Bouza. - Ocupación de terrreo comunal por José Garrido en Verducido, Xeve. - Ocupación de terreo en Couso, Lérez, por José Garrido. - Ocupación de terreo en Freixó, Campañó, por Elvira Sertal Arribas. - Ocupación de terreo en Lameliñoa, Bora, por Isidoro Durán Estévez. - Ocupación de terreo en Lameliña, Bora, por Gumersinda Martínez Mouteira. - Ocupación de terreo en Gatomorto e Couso por Fenosa. - Ocupación de terreo en Couso, Lérez, por Joaquín Martínez. - Recurso de Manuel Mirón Vázquez por reivindicación de terreo en Campos, Mourente. - Ocupación en Tomeza. - Ocupación de terreo en Matalobos, Salcedo, a nome de Manuel González Canda. - Ocupación de camiño da Torre, en San Andrés de Xeve. - Ocupación en Portomuíños, Bora, por Luciano López Palmás. - Ocupación de terreo en Alba. - Ocupación de terreo en Cons, Mourente. - Ocupación de terreo en Virxe do Camiño. - 56 cédulas de notificación de comparecencia.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)