Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
18943/7. Expediente de denuncia de infraccións urbanísticas
Expediente de denuncia de infraccións urbanísticas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF090.S0695. 18943/7
Título Expediente de denuncia de infraccións urbanísticas
Data(s) 1973 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente, papel.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén diferentes comunicación e oficios da Policía Municipal e dos diferentes servizos do Concello de Pontevedra
- Comunicación de ruína nun edificio da Rúa San Nicolás, 5 1974
- Comunicación de desprendemento na Rúa Charino, 12. 1978
- Desprendemento da fachada na Praza Concepción Arenal , 1. 1979
- Desprendemento da fachada dunha casa en Benito Corbal, 31. 1974
- Comunicación de ruína na Rúa Arzobispo Malvar, 5. 1979
- Comunicación de ruína na Rúa da Barca. 1977
- Comunicación do Delegado Provincial do Ministerio da Vivenda sobre condicións de habitabilidade dunha vivenda na Rúa Fray Juan de Navarrete, 2. 1977
- Comunicación de derruba du muro na Rúa Isabel II, 26. 1979
- Comunicación de ruína na Rúa Nova. 1974
- Comunicación de derruba dun muro no lugar de Camboa - Estribela propiedade de Josefa Vicenta Novas Souto. 1974
- Comunicación de posible desprendemento na Rúa Santa Clara, 31. 1976
- Comunicación de inmoble en mal estado na Rúa Isabel II, 1974
- Comunicación de posible desprendemento na Rúa Senén Sobral propiedade José González Piñeiro. 1973
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)