Fondos
18846/1. Expedientes de denuncia de actividades
Expedientes de denuncia de actividades
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0008.SF098.S0776. 18846/1
Título Expedientes de denuncia de actividades
Data(s) 1985 (Produción)
Volume e soporte Varios expedientes
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén expedientes de denuncia de diferentes actividades: A Asociación de Empresarios de Hoteis e Hostais da Provincia de Pontevedra denunciando os sectores que exercen actividades de hostelería carecendo de licenza Isidoro Marínez Míguez denuncia ruídos na cafetería Don Manuel Ramón Fernández Silva presidente da comunidade de veciños do edificio Los Uruguayos denuncia ruídos no Bar JR A comunidade de veciños do edificio Lugean denuncia ruídos no Bar Aparcamiento Javier Ferradás Ferradás denuncia un Pub na Praza de Méndez Núñez Luis M. Yebra Carrión deuncia ruídos no Bar Xeixo Denuncia o Bar Bulevar por non ter licenza de actividade Denuncias feitas pola Asociación Provincial de Frutas e Productos Hortícolas Denuncias por venda ambulante no mercadillo da Avenida Buenos Aires Pilar Riveiro Lage denuncia venda ambulante sen licenza con número de expediente 8867 Denuncia de Fernándo Pérez Poza en nome da Organización de Consumidores e Usuarios o Bar La Bombilla Diferentes denuncias da Policía Municipal a Manuel Caamaño Durán propietario do Bar La Portuguesa por ruídos e ocupación da vía pública Denuncia da Policía Municipal a Eduardo Corrales Valiñas por ruídos no Bar Zona 7 Denuncia da Policía Local a Eugenio Taracido Trunk propietario do Bar Emiciclo Denuncia da Policía Local a José Javier Moldes Fernández propietario do Bar Corrales Cándido Pérez González en representación de varios veciños denuncia por ruído os Bares : La Colmena, Cadillac Bar, Zona 7, Corrales, Casqueiro, África, La Cabaña ( número de expediente 4402/1986 Denuncia por ruídos molestos a Cafetería Bowie Denuncia de Manuel Barreiro Pérez a Cervecería Don Pepe con número de expediente 5311/1983
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)