ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.817
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0014.SF130.S1016.16156/1

  • Título Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

  • Data(s) 1982 (Produción)

  • Volume e soporte 86 expedientes

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes relacionados con infraccións urbanísticas, de tráfico, denuncia de actividades, ocupación de vía publica, veteduras. Paralizados e arquivados na súa maior parte.
    1.Denuncia da Policía Local informando de diferentes carteis ( Comité Anti Otan) pegados nas rúas da cidade con número de expediente 964/1982
    2. Denuncia da Policía Local informando da colocación de pancarta (Xusticia popular contra Augusto Assía) no edifcio onde están situadas as oficinas da UPG na rúa Real. Expediente 990/1982
    3. Denuncia da Policía Local a Manuel González Soliño por construción de pendello. Expediente 1013/1982
    4. Denuncia da Policía Local a José Crespo por uso de megafonía sen licenza. Expediente 1098/1982
    5. Denuncia da Policía Local a Vicenta Rodríguez Martínez por retirada de valado situado frente o Bar Savoy. Expediente 1126/1982
    6. Denuncia da Policía Local a Fernando Menéndez Ogando por danos causados en dúas camelias na praza da Ferrería. Expediente 1281/1982
    7. Denuncia da Policía local informando de pintadas en distintas rúas da cidade. Expediente 1043/1982
    8. Comparecencia de Manuel Fernández Martínez por danos que causou o guindastre en vehículo da súa propiedade. Expediente 1480/1982
    9. Denuncia da Policía Local a Eduardo Lorenzo Piedras por estacionamento inadecuado do seu vehículo na confluencia da rúa da Ponte e rúa Maceda. Expediente 1570/1982
    10. Denuncia da Policía Local a empresa Cuíñas por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 2432/1982
    11. Denuncia da Policía Local a empresa Castromil por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 2433/1982
    12. Denuncia da Policía Local a empresa Autos Arcade por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 2434/1982
    13. Denuncia da Policía Local a empresa transportes Plus Ultra por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 2435/1982
    14. Denuncia da Policía Local a empresa Transportes La Estradense por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 2436/1982
    15. Denuncia da Policía Local a empresa Castromil por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 3923/1982
    16. Denuncia da Policía Local a empresa Manuel García por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 3924/1982
    17. Denuncia da Policía Local a empresa Castromil por realizar paradas de viaxeiros no polígono de Campolongo frente o Banco Exterior de España. Expediente 3925/1982
    18. Denuncia da policía local informando do mal estado de limpeza dunha parcela propiedade dos Irmáns Píchel Márquez. Expediente 3959/1982
    19. Denuncia da Policía Local a Empresa La Unión S.A por facer paradas para recoller pasaxeiros na Rúa Joaquín Costa ( Xefatura Provincial de Tráfico). Expediente 4033/1982
    20. Denuncia da Policía Local por guindar papeis dende o piso 7º da casa nº15 da rúa Michelena. Expediente número 4112/1982
    21. Denuncia da Policía Local a Empresa Autos Delfín por facer paradas para recoller viaxeiros na Doutor Loureiro Crespo ( Hospital Provincial). Expediente 4113/1982
    22.Denuncia da Policía Local a Empresa La Unión S.A por facer paradas para recoller viaxeiros na Doutor Loureiro Crespo ( Hospital Provincial). Expediente 4114/1982
    23. Denuncia da Policía Local informando da nula presenza na parada do Taxi durante a noite diante do Concello de Pontevedra. Expediente 4116/1982
    24. Denuncia da Policía Local a José María de la Fátima Fernández Barja García por pegar carteis de publicidade ( Ideal Gallego ) sen licenza municipal. Expediente 4241/1982
    25. Denuncia da Policía Local informando do pegado de carteis publicatarios en diferentes rúas da cidade. Expediente 1343/1982
    26. Denuncia da Policía Local a Francisco Alférez Areses por estacionamento na rúa Benito Corbal Estévez. Expediente 4296/1982
    27. .Denuncia da Policía Local a Empresa La Unión S.A por facer paradas para recoller viaxeiros na Doutor Loureiro Crespo ( Hospital Provincial). Expediente 4297/1982 e 4299/1982
    28..Denuncia da Policía Local a Empresa La Unión S.A por facer paradas para recoller viaxeiros na rúa Empresa La Unión S.A ( edificio Obras Públicas). Expediente 4298/1982
    29..Denuncia da Policía Local a Empresa La Unión S.A por facer paradas para recoller viaxeiros na rúa San Roque. Expediente 4329/1982
    30. Denuncia da policía Local a Alfonso Couto García por mal estacionamento e alteración da orde pública. Expediente 4478/1982
    31. Denuncia da Policía Local a Empresa La Unión S.A por facer paradas para recoller viaxeiros na rúa San Roque. Expediente 4618/1982
    32. Denuncia da Policía Local a Empresa La Unión S.A por facer paradas para recoller viaxeiros na rúa San Roque. Expediente 4619/1982
    33. Denuncia da Policía Local a contra José García Justo Cons por verter area na vía pública. Expediente 4620/1982
    34. Denuncia da Policía Local contra Elena Matos Torres por entrada de carruaxes sen licenza municipal na rúa da Condesa de Pardo Bazán. Expediente 4621/1982
    35. Denuncia da Policía Municipal contra Enma Amaro Merelles por mal estacionamento na rúa Curros Enríquez. Expediente número 4623/1982
    36. Denuncia da Policía Municipal contra os nenos Francisco Abralde Casal, José Luis Pazos Ruibal e Enrique Santiago Dios González por xogar dentro do recinto dos colexios de Campolongo. Expediente 4633/1982
    37. Denuncia da Policía Municipal contra o almacén de froitas " El Valenciano". Expediente 4634/1982
    38. Denuncia da Policía Municipal a Manuel Parente de Acebedo por atropelo do Cabo da Policía Municipal Juan González Sanz. Expediente 4679/1982
    39. Denuncia da Policía Municipal por instalación de indicadores ( Hostal Residencia Virgen del Camino ) en diferentes rúas da cidade. Expediente número 4692/1982
    40. Denuncia da Policía Municipal contra Construcciones Gumersindo Rodríguez Eirea por depositar cascallos na rúa Alféreces Provisonales ( actual rúa Estación). Expediente 4866/1982
    41. Denuncia da Policía Municipal a un autobús por facer unha parada sen autorización no Paseo Colón. Expediente número 4867/1982
    42. Denuncia da Policía Municipal a un autobús por facer unha parada sen autorización no Paseo Colón. Expediente número 4869/1982
    43. Denuncia da Policía Municipal contra Víctor Sainz Lamas por causar danos nunha xardineira e unha motocicleta no Paseo Colón. Expediente 4873/1982
    44. Denuncia da Policía Municipal contra Isabel Puch Lameiro propietaria de bar e froitería na rúa Indalecio Armesto (actual Praza da Verdura). Expediente 4906/1982
    45. Denuncia da Policía Municipal informando da colocación de diferentes carteis nas rúas da cidade. Expediente 4939/1982
    46. Comunicación da Policía Municipal informando de conversación co 091. 4954/1982
    47. Comparencia do axente da Compañía de Seguros CRESA despois dos danos ocasionados por un trolebús da compañía Tranvía Eléctrico na Ponte do Burgo. Expediente 4956/1982
    48. Denuncia da Policía Municipal a a Empresa Brros por facer unha parada sen autorización no Paseo Colón. Expediente número 4972/1982
    49.Oficio da Policía Municipal informando de incendio nun monte de dominio público sito no lugar de Rañadoiro ( Ponte Sampaio). Expediente 4974/1982
    50. Denuncia da Policía Municipal aos obreiros da empresa M. Bugallo Construcciones durante unha manifestación. Expediente 5113/1982
    51. Denuncia da Policía Municipal contra a empresa ORECO por verter grava na Rúa Oliva procedente dunha obra. Expediente 5528/1982
    52. Denuncia da Policiía Municipal a Fernando Queimadelos Martín por incidente tras infracción de tráfico. Expediente 5578/1982
    53. Oficio da Policía Municipal informando de accidente na Ponte do Burgo producindo a morte de Ermitas Vence Arias sendo o conductor do vehículo Manuel Celso del Río Palmeiro. Expediente número 5680/1982
    54. Oficio da Policía Municipal comunicando a retirada de carteis na cidade co seguinte texto: " non os vertidos atómicos. Culpables Mercado Común e OTAN. Complice o goberno español esiximos responsabilidades polo dereito común". Expediente número 5682/1982
    55. Oficio da Policía Municipal comunicando a retirada de pancarta nunha vivenda ( Rúa Real, 26) co seguinte texto : " Non aos vertidos atómicos. Culpabeias o Mercado Común coa complicidade do governo español. Esiximos responsabildades ". Expediente número 5689/1982
    56. Oficio da Policía Municipal comunicando incidentes con José Luis García López tras retirada de vehículo por guindasrte. Expediente número 5699/1982
    57. Denuncia da Policía Municipal a Isabel Puch Lameiro, propietaria do Bar " Chicha " e froitería sita na Praza Indalecio Armesto ( praza da Verdura ) por depositar froita e verdura na vía pública. Expediente número 5843/1982
    58. Denuncia da Policía Local por colocación de diferentes carteis na cidade de Pontevedra. Expediente número 5938/1982
    59. Denuncia da Policía Municipal comunicando a colocación de pancarta no comercio " Xeito" na praza de Méndez Núñez. Expediente número 5939/1982
    60. Denuncia da Policía Municipal comunicando a colocación de pancarta na fachada de establecemento en Ernesto Filgueira, 17. Expediente número 5949/1982
    61. Denuncia da Policía Municipal a Francisco Guerra Díaz por verter carburante na Praza da Leña (Praza Eirado da Leña). Expediente número 5975/1982.
    62. Denuncia da Policía Municipal a Julio Jacome Montoto por mal estacionamento na rúa Juan Bautista Andrade. Expediente número 5996/1982
    63. Denuncia da Policía Municpal a José Antonio Bouzas Posse por incidentes tras retirada de vehículo en Mestre Mateo. Expediente número 6173/1982
    64. Denuncia da Policía Municipal informando de carteis na cidade co seguinte texto: " 27 de setembro, 7º cabodano do asesiñato dos revolucionariosm acude o cemiterio de Pereiró, Vigo, o Luns 6,30 do serán. XUGA- ACPG. Expediente número 6203/1982
    65. Denuncia da Policía Municipal informando de carteis de propaganda electoral nas fachadas vivenda pertencentes a : Esquerda Galega (García Camba), Alianza Popular ( rúa Zuñiga ), Bloque Popular ( rúa Sarmiento ), Bloque- PSG ( rúa da Oliva ), Partido Comunista ( rúa Benito Corbal).
    Expediente número 6314/1982
    66. Denuncia da Policía Municipal comunicando a existencia de carteis con propaganda electoral pegados nas fachadas de edificios-vivenda, pertencentes ao partido Esquerda- Galega. Expediente 6314/1982
    67.Denuncia da Policía Municipal comunicando a existencia de carteis con propaganda electoral pegados nas fachadas de edificios-vivenda, pertencentes ao partido Alianza Popular. Expediente 6314/1982
    68.Denuncia da Policía Municipal comunicando a existencia de carteis con propaganda electoral pegados nas fachadas de edificios-vivenda, pertencentes ao Partido Comunista. Expediente 6343/1982
    69. Denuncia da Policía Municipal comunicando a existencia de carteis con propaganda electoral pegados nas fachadas de edificios-vivenda, pertencentes ao Bloque- P.S.G. Expediente 6314/1982
    70. Denuncia da Policía Municipal comunicando pintadas en diferentes rúas da cidade. Expediente número 6657/1982
    71. Oficio da Policía Municipal comunicando a presenza na cidade de carteis pegados por: BLOQUE, E.L.R.C, P.S.G. en diferentes entradas de carruaxes e fachadas. Expediente número 6704/1982
    72. Oficio da Policiía Municipal comunicando a vertedura de residuos lácteos da Central Leiteira de Xeve. Expediente número 6705/1982
    73. Oficio da Policía Municipal comunicando a talla dun carballo no polígono de Monteporreiro. Expediente número 6852/1982
    74. Oficio da Policía Municipal comunicando a existencia de proganda electoral do Partido Comunista de Galicia en diferentes fachadas de edificios da cidade. Número de expediente 7002/1982
    75. Oficio da Policía Municipal comunicando a existencia de pasquíns pertencentes aos partido:BLOQUE, P.S.G e P.S.O.E en diferentes fachadas de edificios da cidade. Número de expediente 7003/1982
    76. Oficio da Policía Municipal comunicando a existencia de pasquíns e pintadas de diferentes partidos políticos. Número de expediente 7071/1982
    77. Oficio da Policía Municipal comunicando a existencia de pasquíns e pintadas de diferentes partidos políticos. Número de expediente 7073/1982
    78.Oficio da Policía Municipal comunicando a existencia de pasquíns e pintadas de diferentes partidos políticos. Número de expediente 7074/1982
    79. Oficio da Policía Municipal comunicando a existencia de pancarta na fachada do comercio Xeito propiedade de Leonor González Prieto na Praza Méndez Núñez. Expediente número 7094/1982
    80. Oficio da Policía Municipal comunicando a retirada de carteis de propaganda política do P.S.O.E pegados na fachada do edificio onde se realizaron as votacións ao Congreso e Senado. Expediente número 7139/1982
    81. Oficio da Policía Municipal comunicando a existencia de pintadas e propaganda electoral de distinos partidos políticos en diferentes rúas da cidade. Expediente número 7164/1982
    82. Denuncia da Policía Municipal a Luciano Besada Piñeiro por infracción de tráfico na rúa Augusto González Besada. Expediente número 7165/1982
    83. Denuncia da Policía Municipal por pintadas en diferentes fachadas da cidade. Expediente número 7231/1982
    84. Oificio da Policía Municipal comunicando a presenza de pasquíns con propaganda electoral do Partido Comunista na rúa da Oliva. Expediente número 7232/1982
    85. Oificio da Policía Municipal comunicando a presenza de carteis con propaganda electoral de diferentes partidos políticos nas rúas da cidade 7233/1982
    86. DenuncIa da Policía Municipal comunicando a existencia de bandeirolas pertencentes a diferentes partidos políticos instaladas por Francisco Blanco Iglesias propietario de Publicidad Exterior S.A. Expediente número 7345/1982

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición