ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.838
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Proxecto de acondicionamento e ensanche de camiños rurais no municipio de Pontevedra (2ª fase)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.16329/1

  • Título Proxecto de acondicionamento e ensanche de camiños rurais no municipio de Pontevedra (2ª fase)

  • Data(s) 1986 (Produción)

  • Volume e soporte 1 expediente, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sen numerar. Contén os seguintes documentos: 1. Memoria. 2. Planos. 3. Prego de condicións. 4. Plan provincial para obras e servizos correspondente ao exercicio de 1989. 5. Expediente administrativo do proxecto. 6. Certificacións 1-4 e liquidación das obras. 7. Devolución de fianza complementaria a nome de COPDISA, S.A. 8. Recepción definitiva e devolución de fianza a nome de COPDISA, S.A. Proxecto de acondicionamento e ensanche dos seguintes camiños rurais: - Reparación de pista da Devesa a campo de fútbol (Alba). - Ensanche e pavimentado do camiño de Meuterrón (Verducido). - Explanación e ensanche do camiño de Caniveiros (Verducido). - Pavimentado camiño de Cardosa ao atrio da igrexa (Bora). - Pavimentado camiño de Leiras (Bora). - Reparación acceso a campo de Santo Paio (Campañó). - Apertura de pista de Bispo a Boca (Campañó). - Apertura de pista de Cordeira a Liborei (Cerponzóns). - Pista de San Caetano a Pidre (Cerponzóns). - Apertura e pavimentación de pista el Liborei (Cerponzóns). - Pavimentación e ensanche de pista Castelo-Vilares (Cerponzóns). - Pavimentación e ensanche de camiño de Ferreira a Pontecabras (Lérez). - Pista de camiño de Martínraxo (Lourizán). - Ensanche pista regueiriño por camiño Pío (Lourizán). - Ensanche pista desde Fuente Outón a Veigas (Lourizán). - Ensanche e remate do camiño de Albeiro á estrada de Ponte Bora (Marcón). - Pavimentación de pista en Pintos (Marcón). - Camiño da Igrexa (Mourente). - Apertura de pista pola beira do río Verdugo desde o colexio Nacional a Comboa (Canicouva). - Ensanche e pavimentado da pista do Carramal á estrada do Casal (Salcedo). - Ensanche e pavimentado do camiño desde os cinco soles á igrexa parroquial (Salcedo). - Construción camiño desde a capela de San Brais a Matalobos (Salcedo). - Ensanche e pavimentación do camiño de Cascada, Sobral (San Andrés de Xeve). - Ensanche do camiño do Sobral (San Andrés de Xeve). - Pavimentado do camiño de Paraños, Fontáns (Santa María de Xeve). - Pavimentación do camiño de Bouzas (Santa María de Xeve). - Pavimentación do camiño de Paraños, en Fontáns (Santa María de Xeve). - Pavimentación do camiño de Bouzas, segunda fase (Santa María de Xeve). - Pavimentación do camiño Vello, en Couso (Santa María de Xeve). - Pista en Gasteo, Lusquiños (Tomeza).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición