ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Expediente nº 117/2018 de solicitude de subvención á Deputación de Pontevedra destinada a mellora dos montes mediante a creación de parques forestais durante 2018 (2018-2021)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF001.F0003.SF026.S0239.2.598/1

  • Título Expediente nº 117/2018 de solicitude de subvención á Deputación de Pontevedra destinada a mellora dos montes mediante a creación de parques forestais durante 2018 (2018-2021)

  • Data(s) 2018 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente nº 117/2018 de solicitude de subvención á Deputación de Pontevedra destinada a mellora dos montes mediante a creación de parques forestais durante 2018: Parque forestal Monte dos Casás - Agudelo. Contén: - Expediente nº 346/2018 de contratación de servizos do parque forestal nos Casás - Agudelo. Adxudicatario: Hernando Besada Suárez. - Expediente nº 2383/2018 de proxecto de tratamentos silvícolas e forestacións no Monte veciñal en man común de Agudelo: Creación do parque forestal no monte dos Casás. Contén: Proxecto. - Expediente nº 17/2019 de aprobación do proxecto de tratamentos silvícolas e forestacións no monte veciñal en man común de Agudelo. - Expediente 387/2020 de contratación de obras do Parque forestal monte dos Casás. Adxudicatario: Galega de Actuacións no Rural S.L.U.

Área de notas

  • Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

Área de control da descrición