ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente de modificación puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro (2008-2014)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF002.F0007.SF079.S0611.2.611/1

  • Título Expediente de modificación puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro (2008-2014)

  • Data(s) 2008 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de modificación puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro . Promotor: Concello de Barro. Contén: - Expediente de contratación da redación da modificación puntual nº 2. Adxudicado a Arnaiz Consultores S.L. (2008). - CD's. - Expediente de aprobación inicial (27/11/08). - Proxecto (2013). - Informe de sustentabilidade ambiental (2013). - Anexo IV. Emenda na documentación da modificación puntual nº 2 do PXOM de Barro (2014).

Área de notas

  • Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Barro (Tema) (Creador)

Área de control da descrición