ATOPO
Rexistros actuais: 1.622.093
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.725

Expediente nº 784/2011 de formación de campo de fútbol no monte Chan - Agudelo (2011-2016)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF002.F0007.SF083.SF085.S0668.2.620/1

  • Título Expediente nº 784/2011 de formación de campo de fútbol no monte Chan - Agudelo (2011-2016)

  • Data(s) 2011 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente nº 784/2011. Formación de campo de fútbol no monte Chan - Agudelo. Contén: - Proxecto (2012). - Expediente de paralización de obras pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo por encontrarse en solo rústico de protección patrimonial. - Expediente sancionador nº S-P 12.14 interposto pola Consellería de Cultura contra o Concello de Barro. - Expediente sancionador nº S-P 24.13 interposto pola Consellería de Cultura. - Expediente nº 25/13 de desestimación polo servizo provincial da Área cultural de Pontevedra da legalización do proxecto de cambo de fútbol de terra no monte da Chan - Agudelo.

Área de notas

  • Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

Área de control da descrición