ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.811
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF002.F0007.SF082

  • Título 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade

  • Data(s) 1994-2016 (Creación)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación; 12 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0007
    Subfunción SF082.
    2.1.4.Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0638SF082Campaña de sensibilización e fomento da mobilidade
    S0639SF082Plan de mobilidade urbana
    S0640SF082Autorización de circulación en zonas restrinxidas
    S0641SF082Rexistro de inmobilización de vehículos
    S0642SF082Retirada de vehículos pola grúa municipal
    S0643SF082Solicitude de circulación de vehículos especiais
    S0644SF082Autorización de ocupación temporal da vía pública
    S0645SF082Rexistro de cortes de tráfico
    S0646SF082Licenzas de vaos
    S0647SF082Solicitude de sinalización vial
    S0648SF082Solicitude de instalación ou modificación do mobiliario urbano
    S0649SF082Xestión das zonas de estacionamento
    S0650SF082Reserva de estacionamento

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cotobade (Tema) (Creador)

Área de control da descrición