ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.2.GF001.F0001.SF0010

  • Título 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime

  • Data(s)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF010.
    1.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0118SF0105Autos acordados da autoridade real
    S0119SF01010Carta pobra da autoridade real
    S0120SF0106Cédula real
    S0121SF0107Circular da autoridade real
    S0122SF0108Decreto da autoridade real
    S0123SF0109Executoria da autoridade real
    S0124SF010621Expediente de nomeamento da cargos pola autoridade real
    S0125SF01011Foro da autoridade real
    S0126SF010641Instrución da autoridade real
    S0127SF01015Libro rexistro de ordes superiores da autoridade real
    S0128SF010642Ordenanzas da autoridade real
    S0129SF01012Mandamento das delegacións rexias
    S0130SF010644Expediente de nomeamento de cargos polos delegados rexios
    S0131SF010645Informe dos delegados rexios
    S0132SF010646Pesquisa dos delegados rexios
    S0133SF010647Preito ante os delegados rexios
    S0134SF010648Residencia dos delegados rexios
    S0135SF010649Vereda dos delegados rexios
    S0136SF010650Visita dos delegados rexios
    S0137SF01013Orde da autoridade real
    S0138SF010643Pragmática sanción
    S0139SF01016Privilexio da autoridade real
    S0140SF01014Real provisión
    S0141SF010651Carta Pobra da autoridade señorial
    S0142SF010652Circular da autoridade señorial
    S0143SF010653Decretos da autoridade señorial
    S0144SF010654Expediente de nomeamentos de cargos pola autoridade señorial
    S0145SF010655Foro da autoridade señorial
    S0146SF010656Instrución da autoridade señorial
    S0147SF010657Libro rexistro de ordes superiores da autoridade señorial
    S0148SF010658Privilexio da autoridade señorial
    S0149SF010659Provisión da autoridade señorial
    S0150SF010660Breve
    S0151SF010661Bula
    S0152SF010662Decreto da autoridade eclesiástica
    S0153SF0100Expediente informativo de fundación eclesiástica

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)

Área de control da descrición