ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.805
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36027.AM.MEA.2.GF001.F0002.SF025

  • Título 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas

  • Data(s) 1880-2022 (Creación)

  • Volume e soporte 26 unidades de instalación; 64 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Meaño(1836-2015) O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Ribadumia, Meis, Poio, Sanxenxo e Cambados, dentro do que se coñece como Comarca do Salnés. Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio. No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Meaño

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0002
    Subfunción SF0025
    
    1.2.10. Actuacións xurídicas administrativas
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S0226SF025Ditames e informes
    S0227SF025Expediente de procedementos civís
    S0228SF025Expediente de procedementos contencioso-administrativos
    S0229SF025Expediente de procedementos económico-administrativos
    S0230SF025Expediente de procedementos laborais
    S0231SF025Expediente de procedementos penais
    S0232SF025Recursos administrativos
    S0233SF025Sentenzas xudiciais
    S0234SF025  Xestión de sancións
    S0235SF025Xulgado de Paz
    S0236SF025Requirimento preliminar entre administracións públicas
    S0237SF025Responsabilidade patrimonial
    S0238 SF025 Revisión de oficio

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Meaño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición