Fondos
-
ES.GA.36057.AM.VIG.17. XUNTA CARCERARIA DO PARTIDO XUDICIAL DE VIGO
1. Orzamentos carcerarios
-
1/1. Orzamento extraordinario de ingresos e gastos carcerarios para obras do cárcere (1926)
-
2/1. Expediente de aprobación do orzamento carcerario para o ano 1930 (1929)
-
2/2. Orzamento de ingresos e gastos carcerarios para o ano 1930 (1929)
-
5/1. Expediente de aprobación do orzamento carcerario para o ano 1935 (1934)
-
7/1. Expediente de formación do orzamento carcerario para o ano 1937
-
22/10. Expediente de habilitación e suplemento de crédito do orzamento carcerario de 1951 (1951)
-
22/11. Distribución do superávit da liquidación do orzamento carcerario de 1953 (1953)
Orzamentos carcerarios
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.17.2.1
Título Orzamentos carcerarios
Data(s) 1926-1954 (Creación)
Volume e soporte 12 unidades de instalación; 24 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Serie que recolle o conxunto de documentos que reflicten os ingresos e gastos correntes do concello que se prevén para cada exercicio económico, segundo unha clasificación económico funcional. A tipoloxía resultante ten unha evolución ao logo do tempo, marcada pola normalización dos procedementos en tódalas entidades locais. O presuposto ordinario aparece regulado no Decreto de 3 de febreiro de 1823, que obrigaba á súa formación para o ano seguinte no mes de outubro de cada ano. Logo será a lei de 1835 que obrigue a súa remisión ao gobernador civil para a súa aprobación e efecto, coa súa clasificación en gastos e ingresos, que se mantén no ano 1845, no Estatuto de 1924, na lei de 1945 e o Regulamento de Facendas Locais e a Instrución de Contabilidade de 1952 De todas elas dedúcense os tipos documentais resultantes e documentos contables. Os máis habituais son os seguintes: > Conta xeral do orzamento: formada polos documentos redactados para o coñecemento, exame e fiscalización da xestión económica dos concellos; neles reflíctese con detalle as incidencias da execución do presuposto. Conta documentalmente con capítulos de ingresos, capítulos de gastos, artigos de ingresos, artigos de gastos e liquidación do presuposto; un exemplar do presuposto refundido; as relacións de mandamentos de pagamento, ingreso; a relación de debedores; certificacións das modificacións de créditos efectuadas e acta de arqueo a 31 de decembro. > Conta xeral do patrimonio: documento contable cuxo obxecto e presentar o estado dos bens, dereitos e capitais, así como a relación de empréstitos e gravames, no curso dun exercicio económico. É redactada polo interventor e aprobada polo Pleno e enviada ás Delegacións de Facenda. > Conta de caudais (1924-1991), chamadas tamén de tesouraría (desde 1986), teñen o seu antecedente nas contas anuais de caudais (1845-1924) e estas á súa vez na conta de propios e arbitrios ou de cargo e data (1764-1845). Ten carácter trimestral e reflicten as operacións de ingresos e gastos de cada capítulo do orzamento. > Liquidación do orzamento: expresión cifrada dos gastos e ingresos habidos no exercicio económico. É un documento obrigatorio, redactado polo interventor e aprobada polo Pleno > Expediente de modificacións de créditos: expediente formado para acomodar os créditos aos gastos reais, cando estes non foran previstos inicialmente, cambiando os fondos de partidas presupostarias, habilitando crédito onde faga falta dende outro lugar no que sobre ou se rexeita para un novo fin. > Mandados de pagamento e de ingreso: antes cargaremes e libramentos, a partir de 1992, as veces, documentos contables. Son un conxunto de documentos, en base a un modelo, no que se rexistran as entradas e saídas de fondos consignados no presuposto. Teñen un encabezamento u texto e a sinatura do pagador ou ingresador. Moitas veces levan anexo os xustificantes do mesmo, ben facturas, contratos, escrituras…etc, supondo todo elo un elevado volume documental.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Vigo (Tema)