Fondos
1/15. Oficios e outra documentación remitidos ao Concello de Vigo (1842)
Oficios e outra documentación remitidos ao Concello de Vigo (1842)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.12..1.1.1/15
Título Oficios e outra documentación remitidos ao Concello de Vigo (1842)
Data(s) 1842 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental. 18 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido INSTRUCIÓN PÚBLICA – COLEXIO DE HUMANIDADES.
Oficios e outra documentación remitidos ao Concello de Vigo cun índice documental:
> Núm. 1: Oficio de Venancia Fandiño sobre acreditar que é mestra de 1ª clase e que como tan ten establecido unha escola particular;
> Núm. 2: Unha noticia da ensinanza de Pelayo Rubido, mestre da escola pública;
> Núm. 3: Oficio do Director do Colexio de Humanidades sobre exames;
> Núm. 4: Oficio do director do Colexio de Humanidades sobre terse permitido a Ángel Rubido poder ensinar provisionalmente;
> Núm. 5: Oficio de Emilio Olloqui Vázquez Varela sobre térselle dado o encargo de director da clase de debuxo de dito Colexio de Humanidades;
> Núm. 6: Oficio do Director Sebastián Martí sobre as cantidades que ten recibido e do que debe haber segundo contrata;
> Núm. 7: Oficio de Sebastián Martí sobre os dez alumnos da academia particular de Ángel Rubido para que se lle esixa a quinta parte do produto total;
> Núm. 8: Unha minuta da representación que se dirixiu sobre que se lle concedese a este Concello o ex-convento de monxas para colocar nel o Colexio de Humanidades;
> Núm. 9: Oficio do director sobre o catedrático de latín José Ramón Correa;
> Núm. 10: Oficio do director sobre aproximarse o término que se lle deu de soster o colexio;
> Núm. 11: Oficio do director sobre unha academia de música instrumental baixo certas condicións para un particular;
> Núm. 12: Oficio do director sobre os exames do seis de xuño;
> Núm. 13: Oficio de Vicente Méndez y Quirós sobre o nomeamento dun vogal que da Xunta de Escolas se fixo;
> Núm. 14: Oficio do director sobre exames;
> Núm. 15: Oficio de Emilio Olloqui V. Varela sobre facerse cargo da Academia de Debuxo;
> Núm. 16: Un estado xeral do ingresado en fondos do Colexio polas cátedras de instrución primaria.
Ano: 1842.
Ãrea de notas
Nota Sinatura antiga: EDU 7