ATOPO
Rexistros actuais: 1.640.767
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.523

Fondos

Expediente de arrendamento dos dereitos de recadación da contribución de consumos (1889-1890)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.2..2.3.2.10/33

  • Título Expediente de arrendamento dos dereitos de recadación da contribución de consumos (1889-1890)

  • Data(s) 1889-1890 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 20 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido ANO ECONÓMICO 1889-1890.

    Expediente de adopción de medios para cubrir o encabezamento de consumos do dito Concello para o ano económico. Contén:
    > Certificacións da Secretaría;
    > Providencias;
    > Acordo de adopción de medios para cubrir o encabezamento de consumos de 1889;
    > Dilixencia;
    > Nota;
    > Copia de edictos;
    > Prego de condicións para o arrendamento a venda libre dos dereitos que devindique a venda e consumo das especies encabezadas;
    > Acta do primeiro día de poxa, a cal quedou deserta;
    > Acta do segundo día da poxa, a cal quedou deserta;
    > Relación dos individuos deste distrito que recollen, fabrican, especulan ou trafican en grande ou pequena escala coas especies comprendidas no grupo de líquidos da vixente tarifa especial de consumos, a quen comprende o concerto gremial obrigatorio e cuxa relación fórmase con vista da matrícula da contribución industrial e demais antecedentes existentes na Secretaría;
    > Convocatoria do gremio;
    > Convocatoria de sesión plenaria;
    > Expedicións de orde;
    > Notificacións;
    > Oficio de Rendas e Impostos de Pontevedra.

    Inclúe Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, núm. 92, do 20 de abril de 1889.

    Ano 1889.

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: BOU 31

Puntos de acceso

Área de control da descrición