ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

1.2.3. Rexistro xeral de documentos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001.F0002.SF018

  • Título 1.2.3. Rexistro xeral de documentos

  • Data(s) 1914-2015 (Creación)

  • Volume e soporte 155 unidades de instalación; 255 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Redondela(1836-2024) O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0002
    Subfunción SF0018
    1.2.3. Rexistro xeral dos documentos
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0191 SF018 Correspondencia de entrada do Portelo único da Xunta de Galicia
    S0192 SF018 Correspondencia de saída co Portelo único da Xunta de Galicia
    S0193 SF018 Rexistro de entrada de documentos
    S0194 SF018 Rexistro de saída de documentos
    S0195 SF018 Rexistro de certificacións
    S0196 SF018Rexistro de expedientes
    S0197 SF018Libro copiador de correspondencia
    S1045 SF018Constitución de rexistros públicos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Redondela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición