Fondos
F0009. 2.3. ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
-
SF104. 2.3.6. Regulación da actividade empresarial e industrial
-
SF106. 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados
2.3. ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF002.F0009
Título 2.3. ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
Data(s) 1923-2017 (Creación)
Volume e soporte 249 unidades de instalación; 920 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF002. Función F0009 2.3. ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA Densenvólvese nas seguintes1º Divisións de Función (Subfuncións): SF0992.3.1.Abasto alimenticio SF1002.3.2Regulación da actividade agrícola SF1012.3.3.Regulación da actividade gandeira SF1022.3.4.Regulación da actividade pesqueira SF1032.3.5.Regulación da actividade forestal SF1042.3.6.Regulación da actividade industrial SF1052.3.7.Regulación da actividade turística SF1062.3.8.Regulación do comercio, as feiras e os mercados SF1072.3.9.Fomento do traballo e o emprego SF1082.3.10.Información e defensa do consumidor SF1092.3.11.Control e xestión do transporte
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)