Fondos
-
S0600. Subvención recibida pola corporación local doutra administración
2.952/2. Expediente de solicitude de subvención á Axencia Turismo de Galicia para obras de accesibilidade na contorna da mámoa de Santa Lucía de Moraña (2016-2017)
Expediente de solicitude de subvención á Axencia Turismo de Galicia para obras de accesibilidade na contorna da mámoa de Santa Lucía de Moraña (2016-2017)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.2.952/2
Título Expediente de solicitude de subvención á Axencia Turismo de Galicia para obras de accesibilidade na contorna da mámoa de Santa Lucía de Moraña (2016-2017)
Data(s) 2016-2017 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de solicitude de subvención á Axencia Turismo de Galicia para obras de accesibilidade na contorna da mámoa de Santa Lucía de Moraña e sinalización do Menhir e mámoa de Santa Lucía de Moraña dentro do programa de apoio os investimentos en información turística, infraestrutura e sinalización (TU501A). Contén: - Anteproxecto. - Expediente 82/2016 de contratación da obra. * Adxudicada a: Garural S.L. - Expediente 83/2016 de redacción do proxecto técnico e dirección das obras. * Adxudicado a: Rosario Dalama Rodríguez. - Expediente 84/2016 da contratación do servizo de intervención arqueolóxica en relación coa construción dunha beirarrúa no contorno da mámoa de Santa Lucía de Moraña. * Adxudicado a: Anta de Moura S.L. - Expediente de contratación para o plan de seguridade e saúde da obras. * Adxudicada a: Galega de actuacións no rural S.L. - Expediente de solicitude de autorización á Consellería de Medio Ambiente, territorio e Infraestruturas para colocación de carteis Tótem e indicativa de "O Menhir" nas estradas PO-221 e PO-226 (2016-2017). - Expediente de solicitude de autorización á Deputación de Pontevedra para sinais indicativas de "O Menhir" na EP-0018 (2016). - Expediente de solicitude de autorización á Patrimonio nº 412/2016 (2016-2017).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Subvención España Galicia Pontevedra Moraña Saiáns (San Salvador) Santa Lucía de Moraña
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Moraña Saiáns (San Salvador) Santa Lucía de Moraña
Nome dos puntos de acceso Concello de Moraña (Tema) (Creador)