ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.784
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.2.GF001.F0001

  • Título 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

  • Data(s) 1874-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 175 unidades de instalación; 843 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    Función F0001
    1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0011.1.1.Formación e termo municipal
    SF0021.1.2. Constitución do concello
    SF0031.1.3.Pleno
    SF0041.1.4.Alcaldía. Presidencia
    SF0051.1.5.Xunta de goberno local
    SF0061.1.6.Comisións informativas
    SF0071.1.7.Xunta de portavoces
    SF0081.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos
    SF0091.1.9.Grupos municipais
    SF0101.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime ( Sen vixencia)
    SF0111.1.11.Participación cidadá
    SF0121..112.Creación, participación e disolución de organismos
    SF0131.1.13.Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    SF0141.1.14.Políticas e programas de goberno
    SF0151.15.Comunicación, protocolo e relacións externas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Campo Lameiro (Tema) (Creador)

Área de control da descrición