Fondos
-  ES.GA.36007.AM.CAMP.2. CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO (FUNCIONAL) 
- S0074. Libro de actas de sesións da Comisión Permanente 
-  40/2. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1924-1928) 
-  40/3. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1928-1930) 
-  40/4. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1930-1931) 
-  40/5. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1949-1951) 
-  41/1. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1951-1956) 
-  41/2. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1956-1961) 
-  41/3. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1961-1964) 
-  41/4. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1964-1966) 
-  41/5. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1966-1970) 
-  42/1. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1979-1982) 
-  42/2. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1982-1983) 
-  663/5. Libro de actas da Comisión Municipal Permanente (1970-1978) 
Libro de actas de sesións da Comisión Permanente
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.2.GF001.F0001.SF005.S0074 
- Título Libro de actas de sesións da Comisión Permanente 
- Data(s) 1924-1983 (Creación) 
- Volume e soporte 4 unidades de instalación; 12 agrupacións documentais 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro 
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Campo Lameiro (Tema) (Creador) 
 
 