Fondos
3.4.4. Atención ao benestar social
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.2.GF003.F0013.SF125
Título 3.4.4. Atención ao benestar social
Data(s) 1939-2012 (Creación)
Volume e soporte 64 unidades de instalación; 261 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.
Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0013 Subfunción SF125. 3.4.4.Atención ao benestar social Densenvólvese nas seguintes series: S0964SF125Expediente de asistencia social S0965SF125 Expediente de prestación social S0966SF125Expediente de subvencións S0967SF125Rexistro de asistencia social S0968SF125Padrón de beneficencia S0969SF125Recibo de axuda S0970SF125Admisións en centros asistenciais para persoas maiores e persoas discapacitadas S0971SF125Expediente persoal e familiar xerado por benestar social S0972SF125Apoio aos coidadores S0973SF125Atención á dependencia S0974SF125Atención domiciliaria S0975SF125Concesión de bonificación ao transporte público S0976SF125Servizo de teleasistencia S0977SF125Servizo de transporte adaptado S0978SF125Solicitude de tarxeta de aparcadoiro para persoas con discapacidade S0979SF125Axudas e bolsas de atención á inclusión e cohesión social S0980SF125Informe do servizo de asistencia social S0981SF125Padróns e rexistro das persoas con necesidades de atención social S0982SF125Prestación económica de urxencia social S0983SF125Documento de vontades anticipadas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Campo Lameiro (Tema) (Creador)