ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Comunicación ao Gremio da aprobación do cobro dun real por lancha (1821)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.7.8.26/S/34

  • Título Comunicación ao Gremio da aprobación do cobro dun real por lancha (1821)

  • Data(s) 1821 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 21 outubro, 1821. O señor Comandante do Tercio Naval de Vigo, comunica ao Gremio a súa aprobación para que se cobre un real por lancha, para a Confraría de San Miguel e a baliza que o sitio de aquel nome ten posta o Gremio. 1 folio. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-34

Área de notas

  • Nota E01 - Página manchada: 0, 0 E02 - Arrugas en el documento: 0, 0

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición