ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.6.3.1. Impostos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36014.AM.CRE.2.GF001.F0006.SF069.SF070

  • Título 1.6.3.1. Impostos

  • Data(s) 1844-2011 (Creación)

  • Volume e soporte 123 unidades de instalación; 275 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Crecente(1836-2015) O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes. No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Crecente

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0006
    Subfunción SF070
    1.6.3.1. Impostos
    
    Desenvólvese nas seguintes series :
    S0531SF070Modificacións dos padróns dos impostos (altas, baixas e cambios de
    datos dos contribuíntes)
    S0532SF070Reclamacións e recursos de xestión tributaria
    S0533SF070Padróns do imposto de bens inmobles rústicos
    S0534SF070Reclamacións e recursos ao imposto sobre bens inmobles (IBI)
    S0535SF070Modificacións do padrón do imposto sobre bens inmobles rústicos
    (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes)
    S0536SF070 Padróns do imposto de bens inmobles de urbana (IBI)
    S0537SF070 Reclamacións e recursos ao imposto sobre bens inmobles (IBI)
    S0538SF070 Modificacións do padrón do imposto sobre bens inmobles urbanos (IBI) (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes)
    S0539SF070Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de
    natureza urbana (plusvalía)
    S0540SF070Rexistro do imposto sobre o incremento de valor dos terreos
    de natureza urbana (plusvalía)
    S0541SF070Reclamacións e recursos ao imposto sobre o incremento do
    valor do solo urbano
    S0542SF070Matrículas do imposto de actividades económicas (IAE)
    S0543SF070Padróns do imposto de actividades económicas (IAE)
    S0544SF070Reclamacións e recursos ao imposto de actividades económicas (IAE)
    S0545SF070 Rectificacións ao imposto de actividades económicas (IAE)
    S0546SF070Modificacións do padrón do imposto de actividades económicas (IAE) (altas,
    baixas e cambios de datos dos contribuíntes)
    S0547SF070Padróns do imposto municipal de circulación de vehículos
    S0548SF070Reclamacións e recursos ao imposto de vehículos de tracción mecánica
    S0549SF070Rectificacións ao imposto municipal de circulación de vehículos Serie
    S0550SF070Modificacións do padrón do imposto municipal de circulación de vehículos
    (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes)
    S0551SF070Imposto sobre construcións, instalación e obras (ICIO)
    S0552SF070Impostos e Arbitrios
    S0553SF070Revisións catastrais
    S0554SF070Arbitrios provinciais
    S0555SF070Contribución por gandería independente
    S0556SF070Impostos de consumos
    S0557SF070Repartimentos xerais
    S0558SF070Repartimento xeral de utilidades
    S0559SF070Arbitrios con fins non fiscais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Crecente (Tema) (Creador)

Área de control da descrición