ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de resolución do Tribunal superior de Xusticia de Galicia sobre o recurso contencioso-administrativo nº 2/868/1983 (1982-1994)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF001.F0002.SF025.S0228.3.191/3

  • Título Expediente de resolución do Tribunal superior de Xusticia de Galicia sobre o recurso contencioso-administrativo nº 2/868/1983 (1982-1994)

  • Data(s) 1982-1994 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de resolución do Tribunal superior de Xusticia de Galicia sobre o recurso contencioso-administrativo nº 2/868/1983 interposto por Unión territorial de cooperativas del campo de Pontevedra (UTECO) contra resolución da alcaldía de 11 de agosto de 1983. Contén: - Expediente 60/1983 de solicitude de clausura de granxa porcina de "Uteco" en "Monte Agro" en San Martiño de Laxe, por verteduras de augas residuais a terreos colindantes. Solicitante: Custodia Cruz Fuentes e outros veciños de Laxe.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición