Fondos
18.450/3. Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/06/2017
Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/06/2017
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.18.450/3
Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/06/2017
Data(s) 2017 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente. 180 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/06/2017. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 25 de maio de 2017. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de maio de 2017. 3. Toma de coñecemento do acordo do Consello Político Nacional de EU polo que se decidiu a expulsión de D. Miguel Alves Lago da organización política de EU. 4. Toma de coñecemento do informe de Secretaría e Interventora en relación coa expulsión de D. Miguel Alves Lago da organización política de EU e a súa nova condición de concelleiro non adscrito e repercusións na organización corporativa. 5. Toma de coñecemento da nova composición do grupo político municipal de EU, así como da designación de voceiros. 6. Toma de coñecemento da representación do grupo político municipal de EU nas Comisións Informativas e diversos órganos colexiados. 7. Aprobación, se procede, da modificación da composición das Comisións Informativas de Economía, Facenda e Especial de Contas e de Urbanismo e Servizos, así como da dotación económica do grupo político de EU. 8. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 9. Aprobación, se procede, de expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos Nº 03/REC/2017, por importe de 29.184,65 €. 10. Aprobación, se procede, de expediente de modificación de saldos iniciais de dereitos pendentes de cobro de exerciciios pechados por prescrición Nº 01/MSI/20107 por importe total de 292,00 €. 11. Aprobación inicial, se procede do Regulamento Municipal de uso e funcionamento das instalacións culturais de Vilagarcía de Arousa. 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, sobre o plan de mellora dos camiños rurais. 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo politico municipal do BNG, para a atención das necesidades nos centros de ensino público de Vilagarcía de Arousa. 14. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU en defensa dos centros de ensino público de Vilagarcía. 15. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU polo corte de electricidade das obras de ALCAMPO. 16. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP en relación co arranxo urxente dos problemas de inundacións provocados polas deficiencias da rede de pluviais na Rúa O Freixo, Vilaxoán. 17. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo politico municipal do PP sobre o traslado do transformador de Fenosa do lugar do Pedroso (Bamio). 18. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 19. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 20. Rogos e preguntas. 21. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Ãrea de notas
Nota