Fondos
ES.GA.36038.AMUPO.37.. ANTONIO ODRIOZOLA
ANTONIO ODRIOZOLA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.37.
Título ANTONIO ODRIOZOLA
Data(s) 1450 - 2017 (Produción)
Volume e soporte Cento vinte e seis caixas de arquivo. Soporte en papel.
Área de contexto
Nome do produtor Antonio Odriozola Pietas(1911-1987) Antonio Odriozola naceu en Vitoria en 1911. Estudou a carreira de Dereito na Universidade Compostelá pero nunca exercería neste terreo. Foi bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata a súa xubilación en 1981. Este traballo non lle impediu desenvolver unha ampla tarefa investigadora nos campos da bibliografía, os libros litúrxicos, a imprenta, a micoloxía, a camelia, a música a gastronomía, etc. Foi patrón bilbiotecario do Museo de Pontevedra, membro do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos, presidente da “Sociedad de Bibliófilos Gallegos” e correspondente en Pontevedra das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando e da Historia. A súa morte por accidente en 1987 privounos dun dos investigadores máis serios do mundo en materia de incunables e libros litúrxicos
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Historia arquivística A maior parte do arquivo de Antonio Odriozola permaneceu ata o seu falecemento na súa casa de Lérez. Outra pequena parte atopábase na vella biblioteca da Misión Biolóxica de Galicia. Tras a chegada ó Museo Mª Jesús Fortes e Ascensión Enjo Babío intentaron unha primeira ordenación dos materiais, pero os relacionados cos libros litúrxicos e os incunables están tan dispersos que necesitarán moito tempo, dedicación e coñecementos para facer un cadro de clasificación axeitado. A ordeación, clasificación e inventariado da colección completouse no ano 2009, contando coa colaboración de Mª Carmen Cortiñas Otero e Otilia Mourelle Mato.
Forma do ingreso Adquisición trala súa morte
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O arquivo Odriozola é realmente variado, tanto nos temas de que trata coma nos tipos de materiais que contén. Hai estudos relacionados coas suas paixóns máis recoñecidas; a camelia, a micoloxia, a discografía, as bibliografías de escritores e periodistas galegos, a gastronomía, a historia da imprenta e da prensa periódica e, por último, os libros litúrxicos e os incunables. Neste último punto é interesantísima a serie de correspondencia con outro dos maiores expertos do mundo nestes temas, Thomas Norton, profesor da Universidade de Oxford, con quen levou a cabo un intercambio constante de noticias, descubrimentos e opinións.
Novos ingresos Non están previstos
Organizació
1.DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL 1.1.XENEALOGÍA E DATOS BIOGRÁFICOS 1.2.ESTUDIOS 1.3.DOCUMENTACIÓN ECONÓMICA 1.4.CERTIFICADOS E PERMISOS 1.5.TÍTULOS, DIPLOMAS E HOMENAXES 1.6.CONTRATOS E INSTANCIAS PROFESIONAIS 1.7.CORRESPONDENCIA FAMILIAR E AMISTOSA 2.DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN 2.1.ASOCIACIÓNS CULTURAIS 2.1.1.SOCIO DO ATENEO DE PONTEVEDRA 2.1.2.SOCIO DO LICEO CASINO DE PONTEVEDRA 2.1.3.SOCIO DO TELECLUB DE LÉREZ 2.1.4.MEMBRO DA SOCIEDAD DE ESTUDIOS VASCOS 2.1.5.MEMBRO DA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA 2.1.6. XURADO DE CONCURSOS E EXPOSICIÓNS 2.2.PADROADOS E FUNDACIÓNS 2.2.1.MEMBRO DA FUNDACIÓN JUAN MARCH 2.2.2.MEMBRO DEL PATRONATO JOSÉ MARÍA CUADRADO 2.2.3.PATRONO DO MUSEO DE PONTEVEDRA 2.3.REAIS ACADEMIAS 2.3.1.MEMBRO DA REAL ACADEMIA DE SAN FERNANDO 2.3.2.MEMBRO DA REAL ACADEMIA DA HISTORIA 2.4.DOCUMENTACIÓN ECONÓMICO-PROFESIONAL 2.4.1.BIBLIOTECARIO DA MISIÓN BIOLÓXICA 2.4.1.1.Historia e antecedentes 2.4.1.2.Correspondencia 2.4.1.3.Facturas 2.4.1.4.Traballos e bibliografía 2.4.2.BIBLIÓFILOS GALEGOS 2.4.2.1.FUNDACIÓN E XESTIÓN 2.4.2.2.CORRESPONDENCIA 3.COLECCIÓNS FACTICIAS 3.1.DOCUMENTOS TEXTUAIS 3.1.1.BIO-BIBLIOGRAFÍAS 3.1.2.CAMELIA 3.1.3.GASTRONOMÍA 3.1.3.1.NOTAS E BIBLIOGRAFÍA 3.1.3.2.RECORTES DE PRENSA 3.1.3.3.EXPOSICIÓNS E CONGRESOS 3.1.3.4.ASOCIACIÓNS GASTRONÓMICAS 3.1.3.5.CORRESPONDENCIA 3.1.4.IMPRENTA 3.1.4.1.BIBLIOGRAFÍA, EXPOSICIÓNS E FONTES DOCUMENTAIS 3.1.4.2.HISTORIA DA IMPRENTA 3.1.4.3.IMPRESORES 3.1.4.4.IMPRENTAS MUSICAIS 3.1.4.5.ESTUDIOS SOBRE OBRAS ESPECÍFICAS 3.1.4.6.ORIXINAIS E REPRODUCIÓNS DE OBRAS 3.1.5.LIBROS LITÚRXICOS 3.1.5.1.BIBLIOGRAFÍA 3.1.5.2.ARQUIVOS E BIBLIOTECAS CONSULTADOS 3.1.5.3.CONCEPTOS XERAIS 3.1.5.4.LIBROS LITÚRXICOS POR DIÓCESES 3.1.5.5.MONÁSTICOS E DE ÓRDENES RELIXIOSAS 3.1.5.6.LIBROS LITÚRXICOS VARIOS 3.1.5.7.CORRESPONDENCIA 3.1.6.MICOLOXÍA 3.1.6.1.NOTAS E BIBLIOGRAFÍA 3.1.6.2.RECORTES DE PRENSA 3.1.6.3.EXPOSICIÓNS E CONGRESOS 3.1.6.4.ASOCIACIÓNS MICOLÓXICAS 3.1.6.5.CORRESPONDENCIA 3.1.7.MÚSICA 3.1.7.1.NOTAS E BIBLIOGRAFÍA 3.1.7.2.CURSOS, CONFERENCIAS, CONCIERTOS E FESTIVAIS 3.1.7.3.RECORTES DE PRENSA 3.1.7.4.ARTÍGOS 3.1.7.5.CORRESPONDENCIA 3.1.7.6. PARTITURAS 3.1.8.PRENSA 3.1.8.1.EXPOSICIÓNS E BIBLIOGRAFÍA 3.1.8.2.A PRENSA EN GALICIA 3.1.8.3.PRENSA DE FORA DE GALICIA 3.1.8.4.CORRESPONDENCIA 3.1.9.TEMAS XACOBEOS 3.1.9.1.NOTAS E MATERIAIS 3.1.9.2.ICONOGRAFÍA XACOBEA 3.1.9.3.REPRODUCCIÓNS. VOTO DE SANTIAGO 3.1.10.TEMAS VASCOS 3.1.10.1.PRENSA E IMPRENTA 3.1.10.2.BIBLIOGRAFÍA E EXPOSICIÓNS BIBLIOGRÁFICAS 3.1.10.3.HISTORIA, LENGUA, PERSONAXES 3.1.10.4.CORRESPONDENCIA 3.1.11.ORIXE DE COLÓN 3.1.12.TEMAS VARIOS 3.1.12.1.CINE E TEATRO 3.1.12.2.LITERATURA 3.1.12.3.ARTE E ARQUEOLOXÍA 3.1.12.4.HISTORIA 3.1.12.5.VARIA 3.1.12.6.ESTUDIOS E DOCUMENTOS SOBRE DISTINTAS FAMILIAS 3.2. DOCUMENTOS FIGURATIVOS 3.2.1.INVITACIÓNS, MENÚS E TARXETAS DE VISITA 3.2.2.PROGRAMAS 3.2.4.DEBUXOS E LÁMINAS 3.2.5.CROMOS, ESTAMPAS E RECORDATORIOS 3.2.6.FELICITACIÓNS DE NADAL 3.2.7.FILATELIA E LOTERÍA 3.2.8.POSTAIS E FOTOGRAFÍAS 3.3.DISCOS 4.OUTROS ARQUIVOS 4.1. MEMBROS DA SÚA FAMILIA 4.1.1.VICTORIANO ODRIOZOLA 4.1.2.DOLORES CASALDERREY 4.1.3.MIGUEL ODRIOZOLA 4.2.OUTRAS PERSOAS 4.2.1.VENTURA EGAÑA
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre para os temas ordenados e catalogados
Condicións de reprodución Libre para o material ordenado, previa solicitude por escrito e agás material en mal estado ou orixinais inéditos completos
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Moitos títulos e diplomas deben ser gardados en planeiros
Instrumentos de descrición Inventario dunha parte da documentación para consulta en sala
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Antonio Odriozola Pietas (Tema) (Creador)