ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2.GF002.F0009.SF106

  • Título 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados

  • Data(s) 1907-2000 (Creación)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación; 11 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Guarda(1836-2015) O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0009
    Subfunción SF106
    2.3.8.Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    S0835SF106Expediente de feiras e mercados
    S0836SF106Expediente de autorización de vendas
    S0837SF106Expediente de inspección e control de feiras e mercados
    S0838SF106Libro rexistro de denuncias de abastecementos e consumos
    S0839SF106Libro rexistro de establecementos comercial
    S0840SF106Libro rexistro de pesas e medidas
    S0841SF106Expediente de mercados
    S0842SF106Rexistro de mercados
    S0843SF106Calendarios e horarios comerciais
    S0844SF106Plans e programas de política comercialS0845SF106Adxudicacións da autorización de explotación de locais de mercados municipais
    S0846SF106Autorizacións de almacéns e cámaras frigoríficas
    S0847SF106Baixas e modificacións de postos dos mercados ambulantes
    S0848SF106Baixas e modificacións de postos dos mercados municipais
    S0849SF106Cambios de titularidade da autorización de explotación de locais de mercados municipais
    S0850SF106Concesións de postos nos mercados municipais
    S0851SF106Concesións e recións de postos nos mercados ambulantes
    S0852SF106Embargos e trabas sobre autorizacións de explotación de locais municipais
    S0853SF106Xestión dos mercados municipais
    S0854SF106Modificacións da autorización de explotación de locais de mercados municipais
    S0855SF106Recuperacións da autorización de explotación de locais de mercados municipais
    S0856SF106Rexistro de concesións administrativas de mercados municipais
    S0857SF106Renuncias da concesión de postos en mercados municipais
    S0858SF106Subrogacións de postos dos mercados municipais
    S0859SF106Traslados de postos dos mercados ambulantes
    S0860SF106Organización de mostras sectoriais
    S0861SF106Expediente sancionadores en materia de mercados ambulantes
    S0862SF106Expediente sancionadores en materia de mercados municipais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Guarda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición