Fondos
38/31/19. Programa da IV Reunión latinoam. “Investigación de necesidades humanas de la UNESCO” (1980)
Programa da IV Reunión latinoam. “Investigación de necesidades humanas de la UNESCO” (1980)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.38.2.1.3.2.38/31/19
Título Programa da IV Reunión latinoam. “Investigación de necesidades humanas de la UNESCO” (1980)
Data(s) 1980 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Bibiano Fernández Osorio-Tafall(1902-1990) Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico, diplomático e político galego. Cursou o bacharelato na súa cidade natal e o doutorado en Ciencias Naturais en Madrid (1919-1925). Tamén obtido o título de Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1925-1929), e en 1927 logrou a Cátedra de Agricultura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, que a partir de 1931 pasou a dirixir. Desde 1927 colaborou na Misión Biolóxica de Galicia, do que foi Secretario con Cruz Gallástegui, impulsando a mellora de plantas cultivadas. Con este obxectivo ampliou os seus estudo de xenética no Biologische Anstalt de Berlín (1930-1931), asistindo tamén a varios seminarios en Inglaterra e Francia. Membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), foi alcalde de Pontevedra en dúas ocasións ( entre 18-04-1931 e 08-10-1934 e do 20-02-1936 ao 20-07-1936), presidente da Deputación (25-04-1931 ao 25-05-1931) e deputado nacional en dúas lexislaturas durante o período republicano. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou en 1936, tras o seu parón durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía. En 1934 foi destituído da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra polo gobernador civil Diego Fernández Gómez no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934. Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana, logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saída das eleccións municipais do 12 de abril de 1931 ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, pouco antes da guerra sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira a súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana. En 1938, durante a guerra civil española, Osorio-Tafall foi nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española. Coa derrota militar e política da República e a vitoria dos fascistas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall exíliase primeiro a Francia e logo a México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. No 1948 incorporouse á ONU e en 1955, foi nomeado director da Oficina de Agricultura en Chile, cargo que repetirá en Indonesia e Exipto. Máis tarde, en 1964, estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, como representante especial plenipotenciario do Secretario Xeral da ONU. Xubílase como Subsecretario Xeral da ONU. Durante a Transición española, o presidente do goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido México, 9-12 de setembro,1980 Programa da IV Reunión latinoamericana de “Investigación de necesidades humanas de la UNESCO” Sinatura: Osorio Tafall, 31-19
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Bibiano Fernández Osorio-Tafall (Tema) (Creador)