Fondos
46/3/20. Protocolo notarial de Santiago de Compostela (1510)
-
46/3/20/1. Poder que outorga Álvaro de Acevedro a varias persoas (1510)
-
46/3/20/3. Poder que outorga Francisco de Casabeo a Marina Rodríguez (1510)
-
46/3/20/4. Recoñecemento que fai Gonzalo Pérez de Lemos o mozo (1510)
-
46/3/20/5. Poder que outorga Gregorio García Escudeiro ao seu sobriño (1510)
-
46/3/20/6. Traspaso que fai Bernaldo de Pasa a Juan das Martas (1510)
-
46/3/20/7. Compromiso entre Gonzalo Fernández e Gómez Frito (1510)
-
46/3/20/8. Arrendamento que fai Pedro de Portomarín a Francisco de Medina (1510)
-
46/3/20/9. Poder que outorga Juan de Dios a Ares de Rey e Domingo de Dios(1510)
-
46/3/20/11. Poder que outorga Juan de Dios e a súa muller (1510)
-
46/3/20/12. Arrendamento que fai Álvaro do Porto a Constanza Fernándes (1510)
-
46/3/20/13. Poder que outorga María Estevez ao seu fillo (1506)
-
46/3/20/14. Renuncia que fai Estevan Martinez do foro que ten María Estevez (1510)
-
46/3/20/15. Foro que fai Juan Melgarejo a Esteban Martinez e á súa muller (1510)
-
46/3/20/16. Foro que fai Juan Melgarejo a Juan Gago e á súa muller (1510)
-
46/3/20/17. Foro que fai Juan Melgarejo a Antón Soliño (1510)
-
46/3/20/18. Poder que outorga Ares Garcia a Juan de Villanueva e Francisco de Madrid (1510)
-
46/3/20/19. Obriga que fai Catalina Pardo con Pedro de Salcedo (1510)
-
46/3/20/20. Arrendamento que fai Juan de Fontiveros a Gonçalvo Tato (1510)
-
46/3/20/22. Poder que outorga o Concello de Pontevedra (1522)
Protocolo notarial de Santiago de Compostela (1510)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.4.1.46/3/20
Título Protocolo notarial de Santiago de Compostela (1510)
Data(s) 1510 (Creación) 1506-00-00 - 2018-08-31 (Produción)
Volume e soporte 26 follas, 302 x 215 mm, papel
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1510 Protocolo notarial de Santiago de Compostela. 26 fol papel, 302x215 mm. Sinatura: Sampedro, 3-20
Ãrea de notas
Nota E01 - Página manchada: 0, 0 E09 - Otros : Agujeros o roturas. Arrugas, pliegues u ondulaciones. Manchas, hongos o humedades.: 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)