Fondos
46/6/1. Protocolo de Joan de la Iglesia, notario de Redondela (1665)
-
46/6/1/1. Nomeamento de Fernando de Sampedro como procurador xeral dos mareantes da vila (1665)
-
46/6/1/2. Nomeamento de Salvador de Abuín como procurador xeral da terra da vila (1665)
-
46/6/1/3. Nomeamentos de vigairos do mar en Redondela (1665)
-
46/6/1/5. Poder outorgado para cobrar os bens, froitos e rendas herdados (1665)
-
46/6/1/7. Arrendamento de parte da sinecura do beneficio curado da vila de Redondela (1665)
-
46/6/1/13. Venda por vía de "censo redimible al quitar" (1665)
-
46/6/1/21. Venta da herdade "do Cassal do Heydo" na freguesía de San Pedro de Cesantes (1665)
-
46/6/1/22. Troco entre veciños da freguesía de San Pedro de Cesantes (1665)
-
46/6/1/26. Retirada dunha querela por pegar e insultar (1665)
-
46/6/1/29. Venta dos bens dunha herdade "do nabal de Riva" na aldea de Ansemonde (1665)
-
46/6/1/30. Testamento de Domingo García, toneleiro, veciño de Redondela (1665)
-
46/6/1/31. Aceptación do traspaso dun foro do lugar "das Almenas do Carrascal" (1665)
-
46/6/1/32. Traspaso do foro da herdade "das Almenas" ou "do Carrascal" (1665)
-
46/6/1/35. Traspaso dun terreo na freguesía de San Román de Saxamonde (1665)
-
46/6/1/36. Venta de parte do castañal "da Trigueira" na freguesía de San Román de Saxamonde (1665)
-
46/6/1/38. Venta do lugar de Arcade na freguesía de Santiago de Arcade (1665)
-
46/6/1/39. Venta da cuarta parte dunha casa e herdade "na Veiga do Cruceiro" (1665)
-
46/6/1/43. Venda da metade dunha herdade en Quintela na freguesía de Santa María de Reboreda (1665)
-
46/6/1/45. Venda da peza de herdade de "Chan da Veiga" na freguesía de Santa María de Amoedo (1665)
-
46/6/1/46. Testamento de Pedro Vázquez, xastre, veciño de Redondela (1665)
-
46/6/1/47. Venta dunha herdade na aldea de Castiñeira (1665)
-
46/6/1/48. Testamento de Juan do Casal, veciño de Redondela (1665)
-
46/6/1/51. Venta dunha parte da herdade "do Cobelo" en San Salvador de Louredo (1665)
-
46/6/1/55. Venta da renda por unhas herdades na freguesía de Santiago de Borbén (1665)
-
46/6/1/56. Venta da herdade "da Cabada Vella" con cargo e pensión ao conde de Maceda (1665)
-
46/6/1/57. Arrendamento de parte da herdade "da Besada" no lugar de Guisán (1665)
-
46/6/1/59. Arrendamento da "sisa" de viño, vinagre, aceite e velas en Santa María de Reboreda (1665)
-
46/6/1/60. Venta da viña de "la Puente de Esteiro" en San Pedro de Cesantes (1665)
-
46/6/1/61. Venta dunha herdade en San Sadurniño de Amoedo (1665)
-
46/6/1/62. Arrendamento do lugar de Mandín en Santiago de Bembrive (1665)
-
46/6/1/64. Venta dunha renda sobre unha herdade en Santiago de Borbén 1665)
-
46/6/1/68. Venta da coutada "do bal da Sobreira" na freguesía de San Sadurniño de Amoedo (1665)
-
46/6/1/70. Concordia para retirarse dun preito pola posesión duns bens (1665)
-
46/6/1/74. Venta de parte dos oficios e escribanía de número da vila (1665)
Protocolo de Joan de la Iglesia, notario de Redondela (1665)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.4.2.46/6/1
Título Protocolo de Joan de la Iglesia, notario de Redondela (1665)
Data(s) 1665 (Creación) 1665-00-00 - 1665-00-00 (Produción)
Volume e soporte 126 follas, 310x220 mm, papel
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1665 Protocolo notarial de Joan de la Iglesia, notario de Redondela. 126 fol. de papel, 310x220 mm. Comenza cunha paxinación do nº 1 ó 110 e outra do 1 ó 14. As dúas follas de inicio, co índice do protocolo, non leva numeración. Bo estado Sinatura: Sampedro, 6-1
Ãrea de notas
Nota E09 - Otros : Documentación muy daña por lo que no se pueden quitar pliegues,arrugas...etc. ya que se desahrian las hojas. Páginas de diferentes tamaños y de distinto gramaje: 1 E09 - Otros : Sombra producida por el original.: 71, 72
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias España Galicia Pontevedra Redondela Protocolos notariais
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Redondela
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)