Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36036.AM.OIA.2.GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1830-2013 (Creación)
Volume e soporte 16 unidades de instalación; 98 agrupacións documentais; 6322 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Oia(1836-2015) O territorio do concello de Oia sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co Océano Atlántico e cos concellos de Baiona, Tomiño e O Rosal. Ocupa unha superficie superior ós setenta e oitos quilómetros cadrados, con trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Burgueira, Loureza, Mougás, Oia, Pedornes e Viladesuso, nas que residen máis de tres mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdiccións de Oia, con señorío do seu mosteiro. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Tui, créase no ano 1836 o concello de Oia, coa mesma configuración física actual, sen modificacións posteriores significativas.
Institución arquivística Arquivo municipal de Oia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Oia (Tema) (Creador)