ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.811
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36009.AM.CAÑ.2.GF001.F0001.SF008

  • Título 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos

  • Data(s) 1833 - 1993 (Creación) 1873 - (Produción) - 1877 (Produción)

  • Volume e soporte 24 unidades de instalación; 153 agrupacións documentais; 397 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Cañiza(1836-2015) O concello da Cañiza sitúase na comarca do Paradanta, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Covelo, Crecente, Melón, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e Mondariz; está integrado hoxe no Partido Xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. Historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Cañiza

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF008.
    1.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0078SF008 Expediente de sesións das xuntas locais de agricultura, gandaría e montes
    S0079SF008Rexistro de sesións das xuntas locais de agricultura, gandaría e montes
    S0080SF008Expediente de sesións das xuntas locais de caza
    S0081SF008Rexistro de sesións das xuntas locais de caza
    S0082SF008Expediente de sesións das xuntas locais de pesca
    S0083SF008Rexistro de sesións das xuntas locais de pesca
    S0084SF008Expediente de sesións das xuntas locais de industria
    S0085SF008Rexistro de sesións das xuntas locais de industria
    S0086SF008Expediente de sesións das xuntas locais de turismo
    S0087SF008Rexistro de sesións das xuntas locais de industria
    S0088SF008Expediente de sesións das xuntas locais de traballo
    S0089SF008Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de traballo
    S0090SF008Expediente de sesións das xuntas locais de abastos e consumos
    S0091SF008Rexistro de actas de sesións xuntas locais de abastos e consumos
    S0092SF008Expediente de sesións das xuntas locais do Pósito
    S0093SF008Rexistro das actas de sesións das xuntas locais do Pósito
    S0094SF008Expediente de sesións das xuntas locais de seguridade cidadá
    S0095SF008Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de seguridade cidadá
    S0096SF008Expediente de sesións das xuntas locais de protección civil
    S0097SF008Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de protección civil
    S0098SF008Expediente de sesións das xuntas locais de sanidade
    S0099SF008Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de sanidade
    S0100SF008Expediente de sesións das xuntas locais de beneficencia e asistencia social
    S0101SF008Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de beneficencia e asistencia social
    S0102SF008421Expediente de sesións das xuntas locais de educación
    S0103SF008422Rexistro das actas de sesións das xuntas locais de educación
    S0104SF008444Expediente de sesións das xuntas locais de poboación
    S0105SF008445Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de poboación
    S0106SF008473Expediente de sesións das xuntas locais de eleccións
    S0107SF008474Rexistro de sesións das xuntas locais de eleccións
    S0108SF008482Expediente de sesións das xuntas municipais de asociados
    S0109SF008483Libro de actas de sesións das xuntas municipais de asociados
    S0110SF008530Expediente de sesións das xuntas locais de tributación
    S0111SF008533Rexistro das actas de sesións das xuntas locais de tributación
    S0112SF008531Expediente de sesións das xuntas Periciais
    S0113SF008534Libro de actas de sesións das xuntas Periciais
    S0114SF008532Expediente de sesións das xuntas de propios e arbitrios
    S0115SF008535Libro de actas de sesións das xuntas de propios e arbitrios

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Cañiza (Tema) (Creador)

Área de control da descrición