Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36034.AM.NEV.-2.GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1842 - 2014 (Creación)
Volume e soporte 16 unidades de instalación;96 agrupacións documentais; 5608 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello das Neves(1836-2015) O concello das Neves enclábase na comarca do Condado dentro do Partido Xudicial de Ponteareas; ten unha superficie total de 67 kilómetros cadrados e fórmano un conxunto de trece parroquias: San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns, Cerdeira, Liñares, As Neves, Rubiós, Setados, Taboexa, Tortoreos, Vide e San Cibrán, San Xosé e Santiago de Ribarteme. Constitucionalmente créase o concello dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, co nome de Setados, con capitalidade neste mesmo lugar e formado por doce parroquias. Será no ano 1904, creada xa a parroquia de As Neves segregada da de Setados e logo do traslado da capitalidade na década dos sesenta do século pasado, cando se faga efectivo o cambio de nome do concello pasando á denominación que hoxe se conserva.
Institución arquivística Arquivo municipal das Neves
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello das Neves (Tema) (Creador)