Fondos
TIÁN FERNÁNDEZ 024. Fotografía de paisaxe da marisma de Santa Mariña (finais do 1950)
Fotografía de paisaxe da marisma de Santa Mariña (finais do 1950)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.59.TIÁN FERNÁNDEZ 024
Título Fotografía de paisaxe da marisma de Santa Mariña (finais do 1950)
Data(s) 1950 (Creación)
Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff e copia para difundir en .jpg con marca de auga
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Fotografía colección de Tián Fernández Otero cedida temporalmente no 2024 por Juan Migueles Fernández para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía en papel. Parte do significado das fotografías foi transmitido oralmente polo propietario da mesma e por José Ángel Gesteira Pazos.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido TIÁN FERNÁNDEZ 024. Expediente 5870/2024 Fotografía de paisaxe da marisma de Santa Mariña co mar e o viaduto. Finais da década dos 1950. Construcción recoñecidas de esquerda a dereita: casa de Sesé Fernández (onde estaba a carpintería e un taller de costura onde aprendeu a coser Manuel Pazos Cabaleiro), casa de Jaime Rubín e Adela, casa de Josefa a de Pintos, casa pequena dos Lago, varias fincas, casa veciñal onde viviron: Os Serfín Gesteira con Manuela Pazos; Chinto Míguez e Amelia Docampo; Pepe e Teresa Docampo; seguinte: casa dos Ferreira e entrada á antiga Sala de Festas Miramar. A continuación: fábrica de xabóns ERGUIRA (de Bixeredo) e á dereita de todo, a casa de Manuel Rivas en construcción. Pola parte trasera, ó fondo: a casa do patín propiedade de Manuel Pazos Lamas e Filomena Cabaleiro Cabaleiro.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Tián Fernández". A difusión da imaxe é libre sempre que se cite a propiedade e sempre que sexa usada con respecto hacia as persoas que nela aparecen e sen fins lucrativos.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Juan Migueles, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota