Fondos
-
ES.GA.36050.AM.SALV.2. CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (FUNCIONAL)
S0386. Cesións de bens municipais
-
136/6. Expediente de cesión de terreo comunal en Oleiros a favor de Abelardo Argüelles Villa (1927)
-
136/7. Expediente de cesión de terreo comunal no Ceo a favor de Pelayo Castro Presa (1928)
-
136/21. Expediente de cesión de terreos do camiño veciñal de Grixó para obras públicas (1950)
-
137/37. Solicitude de cesión de terreo en Puzo realizada por Raimundo Rodríguez Alonso (1973)
-
137/50. Expediente de cesión de terreos ao teleclube de San Pedro de Arantei (1976)
-
3.121/2. Acta de cesión de terreos por xestión urbanística de vía pública (2001)
-
3.122/1. Acta de cesión de terreos por xestión urbanística de vía pública (2002)
-
3.122/2. Expediente de acta de cesión de terreos por xestión urbanística de vía pública (2003)
-
2.494/10. Expediente de cesión de panteón no cemiterio municipal a nome de Felicidad González (1959)
Cesións de bens municipais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2.GF001.F0005.SF050.S0386
Título Cesións de bens municipais
Data(s) 1911 - 2006 (Creación)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.
Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)