ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.514
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.6.1. Xestión do presuposto

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36021.AM.GON.2.GF001.F0006.SF055

  • Título 1.6.1. Xestión do presuposto

  • Data(s) 1841 - 2011 (Creación)

  • Volume e soporte 996 unidades de instalación; 2139 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Gondomar(1836-2015) O concello de Gondomar sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, principal río que discorre polo seu territorio. Limita cos concellos de Baiona, Nigrán, Porriño, Tui, Tomiño e Oia e conta cunha superficie aproximada de setenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no Antigo Réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, e Villaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdición eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía o bispo de Tui. Nos primeiros anos do século XIX, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vilaza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peiteiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Borreiros, Couso, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Gondomar

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0006
    Subfunción SF055
    1.6.1.Xestión do orzamento
    
    Densenvólvese nas seguintes 3ª Divisións de Función (División de Subfuncións):
    
    SF0561.6.1.1.Plans e programas de investimentos
    SF0571.6.1.2.Aprobación do presuposto
    SF0581.6.1.3.Modificación das presuposto
    SF0591.6.1.4.Conta xeral e liquidación do orzamento
    SF0601.6.1.5.Documentos contables de ingreso
    SF0611.6.1.6.Documentos contables de pagamento
    SF0621.6.1.7.Libros e rexistros contables
    SF0631.6.1.8.Arqueos e xestión bancaria
    SF0641.6.1.9.Financiamento
    SF0651.6.1.10.Xestión de terceiros
    SF0661.6.1.11.Obrigacións fiscais con outras administracións
    SF0671.6.1.12.Participación en tributos supramunicipais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Gondomar (Tema) (Creador)

Área de control da descrición