ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.817
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Expedientes de obras telefonicas no rural

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF087.S0681.24808/15

  • Título Expedientes de obras telefonicas no rural

  • Data(s) 1966 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Obras:
    Presupostos para a construción dun locutorio en Ponte, Bora
    Presuposto para locutorio en Berducido
    Locutorio en Igrexa, Xeve
    Locutorio en Touceda, Alba
    Informe de instalación de cabinas telefónicas no rural de Telefonica
    Presuposto locutorio en Corbal, Bora
    Locutorio en Castelo, Lérez
    Traslado de locutorio público en Pontesampaio
    Obras de adaptación de Central telefónica Pontesampaio
    Certificación de obras de locutorio público de Pazo, Mourente e Lusquiños, Tomeza
    Presuposto de construción de locutorio en Campañó
    Obras de locutorio en Sobral, Xeve

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición