ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

COMISIÓN DO PADROÁDEGO DO COLEXIO UNIVERSITARIO DE VIGO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.18

  • Título COMISIÓN DO PADROÁDEGO DO COLEXIO UNIVERSITARIO DE VIGO

  • Data(s) 1971 - 1976 (Creación) 1971 - (Produción) - 1976 (Produción)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 57 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Comisión do Padroádego do Colexio Universitario de Vigo(1972 - 1990) O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en 1972 da construción do citado nas Lagoas, en Marcosende, na parroquia de Zamáns, e baixo o patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica. O Padroádego era o órgano superior de goberno que delegada determinadas funcións e competencias na Comisión, que desaparecerían coa transformación do Colexio Universitario na Universidade de Vigo. A Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma. A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Historia arquivística Esta documentación estaba incorrectamente integrada no fondo municipal sen ningún tipo de identificación, clasificación, indización ou descrición. Durante o proceso de reorganización dos fondos documentais iniciado no ano 2020, e de conformidade ao principio de procedencia, foi segregado, no ano 2024, conformando un fondo documental de seu.

  • Forma do ingreso Por acumulación derivada do cargo presidencial que ostentaba o alcalde do Concello de Vigo en dita Comisión.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Fondo documental composto pola documentación xerada no exercicio das funcións directivas da Comisión do Padroádego do Colexio Universitario de Vigo. Entre a documentación destaca aquela derivada da actividade do propio órgano (actas e expedientes de sesións) e dalgunha das súas funcións máis destacadas como a documentación de carácter económico, aqueloutra relacionada co persoal do Colexio Universitario (especialmente nóminas) ou a documentación de carácter patrimonial que recolle os testemuños das obras realizadas nos bens asignados ao propio Colexio. Así mesmo, tamén se dispón de documentación administrativa, principalmente memorias de actividades, estatutos, convenio etc.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningunha expurgación dado a pequena dimensión do fondo e o seu carácter patrimonial e de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos ao tratarse dun fondo documental pechado, derivado da transformación do Colexio Universitario na Universidade de Vigo e do cambio do goberno da mesma

  • Organizació

    O fondo está organizado unicamente en cinco series documentais, a saber:
    
    1.- Expedientes de órganos de goberno (1972-1975)
    2.- Expedientes de administración (1971-1976)
    3.- Expedientes de patrimonio e contratación (1972-1976)
    4.- Expedientes de persoal (1973-1975)
    5.- Contabilidade orzamentaria (1972-1975)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa totalidade. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Cadro de clasificación - inventario Índice - inventario Catálogo informatizado accesible a través do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais No Arquivo da Universidade de Vigo

  • Existencia e localización de copias Descoñécese a existencia doutras copias

  • Unidades de descrición relacionadas A maior parte da documentación derivada da actividade do Colexio Universitario de Vigo encóntrase custodiada no Arquivo da Universidade: https://www.uvigo.gal/universidade/biblioteca/arquivo-universitario

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición