ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

OBRAS E URBANISMO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.1

  • Título OBRAS E URBANISMO

  • Data(s) 1887-2017 (Creación) 1887 - 2020 (Produción)

  • Volume e soporte 867 unidades de instalación con 8.517 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Na 1ª División de sección Obras e Urbanismo atopase a documentación relativa á organización do espazo urbano dos concellos. Os documentos relativos á planificación do termo municipal, cos seus diferentes plans e proxectos urbanísticos. As licenzas de obras de nova planta, as modificacións en obras xa existentes, os derrubos, as segregacións de parcelas e as alineacións, con tódolos documentos relacionados coa obtención das licenzas para executar estas obras, os acordos municipais e os informes técnicos así como as titularidades. Ademais aqueles documentos relativos ás licenzas para exercer e instalar as diferentes actividades industriais e os seus establecementos.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección 3.1. OBRAS E URBANISMO contén as seguintes 2ª divisións de sección e series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN:
    
    3.1.1.1.- Expedientes de planificación
    
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS:
    
    3.1.2.1.- Plans de obras e servizos
    
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS:
    
    3.1.3.1.- Expedientes xerais de obras municipais
    3.1.3.2.- Expedientes de subvencións
    3.1.3.3.- Prestación persoal
    3.1.3.4.- Expedientes de obras na casa do concello
    3.1.3.5.- Expedientes de obras en edificios municipais
    3.1.3.6.- Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas
    3.1.3.7.- Expedientes de obras no mercado
    3.1.3.8.- Expedientes de obras no matadoiro
    3.1.3.9.- Expedientes de obras no cemiterio
    3.1.3.10.- Expedientes de obras de traída de augas
    3.1.3.11.- Expedientes de obras na rede de sumidoiros
    3.1.3.12.- Expedientes de obras de iluminación pública
    3.1.3.13.- Expedientes de obras en instalacións deportivas
    3.1.3.14.- Expedientes de obras en parques e xardíns
    3.1.3.15.- Expedientes de obras en centros escolares
    3.1.3.16.- Expedientes de obras en fontes e lavadoiros
    3.1.3.17.- Expedientes de obras na casa de cultura e biblioteca
    3.1.3.18.- Expedientes de obras en centros de saúde
    3.1.3.19.- Expedientes doutras obras
    3.1.3.20.- Expedientes de obras na Autoestrada do Atlántico
    3.1.3.21.- Expedientes de obras en canteiras
    3.1.3.22.- Expedientes de aprobación de proxectos
    3.1.3.23.- Documentación de portos, costas e praias
    
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES:
    
    3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras
    3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares
    3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA
    3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica
    3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína
    3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas
    3.1.4.7.- Informacións urbanísticas
    3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas
    
    3.1.5.- INDUSTRIAS:
    
    3.1.5.1.- Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas
    3.1.5.2.- Licenzas de apertura de establecementos
    3.1.5.3.- Libro rexistro de industrias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición