ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de solicitudes de axudas do concello de Valga por danos causados polos temporais (2009)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36056.AM.VAL.2.GF003.F0014.SF129.S1005.2.965/4

  • Título Expediente de solicitudes de axudas do concello de Valga por danos causados polos temporais (2009)

  • Data(s) 2009 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Valga(1836-) O territorio do concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, configurado polo leito do río Ulla, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Dodro, Pontecesures, A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis e Catoira. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados, con cincuenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Valga e Xanza, nas que residen máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xorden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisionomía actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Valga

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de solicitudes de axudas do concello de Valga por danos causados polos temporais. Contén: - Copia da solicitude de axudas para sufragar os gastos extraordinarios en que incorresen as entidades locais como consecuencia directa do temporal acaecido en Galicia, á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (PR 482C). - Copia da solicitude de subvención a concellos de Galicia para compensar os danos sufridos en instalacións deportivas de titularidade pública, polos efectos do temporal acaecido os días 23 e 24 de xaneiro de 2009, á Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia (CD441C). - Copia da solicitude de axudas por danos provocados nos establecementos turísticos, comerciais, industriais e demáis establecementos mercantís e nas infraestructuras enerxéticas e turísticas de titularidade municipal como consecuencia do temporal de vento acaecido en Galicia a partir do día 23 de xaneiro de 2009, á Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia (IN532D).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Valga (Tema) (Creador)

Área de control da descrición