Fondos
2.613/13. Expediente de cesión de terreos realizada polo Concello para un campo de tiro, maniobras e atrincheramento. Acta de reunión de ocupación (1902)
Expediente de cesión de terreos realizada polo Concello para un campo de tiro, maniobras e atrincheramento. Acta de reunión de ocupación (1902)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0005.SF050.S0386.2.613/13
Título Expediente de cesión de terreos realizada polo Concello para un campo de tiro, maniobras e atrincheramento. Acta de reunión de ocupación (1902)
Data(s) 1902 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente. 10 follas
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2024) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Acta da reunión celebrada o día 30 de xaneiro de 1902 con motivo da ocupación dos terreos cedidos polo concello necesarios para o establecemento dun campo de tiro, maniobras e atrincheramento na península do Morrazo. Contén plano en papel cebola con anotación manuscrita a lapis que di : " campo de tiro, 1902 ". O interesante é que sinala a liña de término entre os municipios de Bueu, Cangas, Moaña e Marín na demarcación do monte, é dicir Paralaia (Hermelo / Ermelo), Chan das Bolas, alto da Porteliña ata o Outeiro de Carballosa no monte de San Lourenzo (Cela) onde se ubican as ruinas da ermida do mesmo nome e mailo túmulo megalítico de Forno de Arcas.
Ãrea de notas
Nota Contén plano
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Cesión Acta España Galicia Pontevedra Bueu Ermelo (Santiago)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Bueu Cela (Santa María) Ermelo (Santiago)
Nome dos puntos de acceso Concello de Bueu (Tema) (Creador)