Fondos
1. Inventario de bens
-
287/6. Expediente de valoración dos bens municipais (1973-1975)
-
287/7. Expediente de contratación de formación do inventario de bens do Concello (1991-1992)
-
287/7. Expediente de contratación de formación do inventario de bens do Concello (1991-1992)
-
288/2. Expediente de excepción de venda de montes comunais (1888)
-
288/3. Expediente de deslinde, medición e clasificación dos montes comunais de Moaña (1889)
-
288/6. Acta de recoñecemento do monte de San Adrián de Fontenla como de utilidade pública (1926)
-
289/4. Relación de bens dos montes comunais existentes no territorio de Moaña (1954-1958)
-
289/8. Expediente de recoñecemento de dereito sobre un terreo comunal (1955)
-
289/9. Expediente de delimitación perimetral dos terreos comunais chamados Ríos de Bouzas
-
311/1. Certificacións dos bens pertencentes ao Concello (1907)
-
311/5. Expediente de transmisión do dominio da parcela Buraguiñas en Monte Meira
-
311/5. Certificación dos montes propiedade do Concello (1976)
-
2.468/4. Expediente de recoñecemento de propiedade dun terreo no Monte Valiela en Domaio
-
288/13. Acta de recoñecemento do monte Faro a favor de Avelosa Roufeiro Carballido e outros (1932)
-
288/15. Expediente de extracción de pedra en terreos de monte comunal. Concesións (1936)
-
288/24. Expediente de extracción de pedra dunha canteira na Borna. Solicitudes (1948)
-
288/27. Acta de recoñecemento de propiedade dos montes da parroquia de Moaña (1932)
-
289/18. Relación de titulares e cuotas por arrendo de monte comunal (1970)
-
289/19. Expediente de títulos de propiedade de diversos terreos do monte Domaio (1970-1978)
-
289/26. Documentación relativa aos montes consorciados con Icona a través da Deputación (1976)
-
289/32. Expediente de captación de auga de manancial no monte Paralaia
-
289/33. Expediente de captación de auga de manancial no monte común para servizo a domicilio (1972)
-
289/39. Expediente de posesión de catro terreos en Domaio e da casa escola (1907)
-
3.199/4. Relación de parcelas de propiedade municipal para incluir no inventario de bens (1974)
-
3.199/6. Relación de terreos de propiedade municipal incluidas no inventario de bens (1987)
-
2.569/15. Expediente de rescate dunha parcela de dominio público en Palmás (1997)
-
3.200/35. Expediente de extracción de pedra en montes comunais. Solicitude (1930)
-
3.200/36. Expediente de extracción de pedra en montes comunais. Solicitudes (1932)
-
3.200/37. Expediente de extracción de pedra en montes comunais. Solicitude (1934)
-
3.200/38. Expediente de extracción de pedra en montes comunais. Solicitude (1935)
-
3.200/39. Expediente de extracción de pedra en montes comunais. Solicitude (1961)
Inventario de bens
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.2.3.1
Título Inventario de bens
Data(s) 1866-1997 (Creación) 1866-00-00 - 1997-00-00 (Produción)
Volume e soporte 16 unidades de instalación con 68 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Inventario de tódolos bens municipais, obrigatorio e renovable cada certo tempo, que recolle os datos da totalidade dos bens municipais, coa descrición dos mesmos, situación patrimonial, datos de interese e a súa valoración económica. Ten unha extraordinaria importancia en relación coa xustificación da propiedade municipal e a legalidade da mesma, podendo a partires desta documentación definir a evolución ao longo dos anos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)