Fondos
1. Representación do persoal
-
374/6. Convenio e acordo marco do persoal funcionario (1992)
-
2.376/ 1. Expediente de folga xeral do día 12 de xullo (1984)
-
2.376/2. Expediente de folga xeral do día 29 de Novembro (1984)
-
3.479/6. Convenio colectivo do personal laboral do concello de Moaña (1995)
-
3.479/7. Regulamento orgánico municipal do concello de Moaña (1996)
-
3.479/8. Proposta de convenio colectivo para o persoal do concello de Moaña (1997)
-
3.479/9. Convenio colectivo do persoal laboral fixo e eventual (1999-2000)
-
2.376/12. Expediente de revogación dos delegados de persoal (1993)
-
3.215/11. Contén actas de reunións e bases de procesos selectivos / contratación (1996-1997)
Representación do persoal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.2.4.5.1
Título Representación do persoal
Data(s) 1934-2001 (Creación) 1994-1994 (Produción)
Volume e soporte 7 unidades de instalación con 44 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recolle un amplo espectro documental relacionado coa actividade sindical de reivindicación, negociación e solución de moitos asuntos relacionados coa defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral dos concellos; entre eles destaca a documentación relacionada coa negociación dos convenios colectivos, coas folgas de traballadores e coas eleccións sindicais e a formación dos diferentes órganos de representación sindical (Xunta de persoal, Comisión Paritaria, Comité de Empresa...). Os convenios colectivos supoñen un pacto ou acordo resultante da negociación desenvolta polos representantes dos traballadores e a corporación, libremente adoptado por eles en virtude da súa autonomía colectiva e supoñen na práctica un texto que recolle dito pacto ou acordo, especificando polo miúdo os dereitos e deberes dos traballadores afectados, complementando á lexislación estatal ou autonómica.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)