Fondos
TAXAS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.4.2.2
Título TAXAS
Data(s) 1913-2006 (Creación) 1913-00-00 - 2006 (Produción)
Volume e soporte 78 unidades de instalación con 375 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido As entidades locais poderán establecer taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de xeito particular ós contribuíntes. Deste xeito, constitúen un ingreso de dereito público que se orixina pola prestación dun servizo público de consumo divisible que reporta, aínda que de xeito secundario, un beneficio xeral para a colectividade e cunha contía igual ó custo do servizo. O número de taxas e prezos públicos impoñibles é moi elevado, sendo regulados nas súas respectivas ordenanzas fiscais, destacando algúns como a taxa por recollida de lixo, abastecemento de augas, ocupación de vía pública, etc... 4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais Norma xurídica xeral, obrigatoria e permanente, de carácter subordinado á Lei e a outras normas de rango superior, ditadas polas Entidades Locais, pero no ámbito puramente fiscal. (1911) 4.2.2.2.- Listas cobratorias Relacións de contribuíntes ou as súas modificacións, que poder atoparse agrupadas nos padróns de exaccións municipais, ou individualizadas por conceptos: augas, lixos, entrada de garaxes, toldos, escaparates...
Organizació
Esta 2ª división de sección, TAXAS, está organizada nas seguintes series documentais: 4.- FACENDA: 4.2.- FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN: 4.2.2.- TAXAS: 4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais 4.2.2.2.- Listas cobratorias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)